Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2012 Páx. 20550

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1207/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento de demanda 1207/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«A Coruña o quince de marzo de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo n.º 1207/2009 seguidos por instancia de Elena García Domínguez, representada pola letrada Sra. Romero Salgado, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, representado pola letrada Sra. Pardo Costas, versando a litis sobre declaración de incapacidade permanente.

Decido que desestimando integramente a demanda interposta por Elena García Domínguez, representada pola letrada Sra. Romero Salgado, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, representado pola letrada Sra. Pardo Costas, e en consecuencia debo absolver e absolvo a entidade demandada de todos os pedimentos contra ela deducidos. Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, o habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado.

Igualmente, ditouse auto aclaratorio de sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Auto.

Na Coruña o oito de maio de dous mil doce.

Feitos.

Único: o 15 de marzo de 2012 ditouse sentenza en que se resolve procedemento sobre incapacidade co seguinte teor na decisión:

Decido.

“Que desestimando integramente a demanda interposta por Elena García Domínguez, representada pola letrada Sra. Romero Salgado, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, representado pola letrada Sra. Pardo Costas, e en consecuencia debo absolver e absolvo a entidade demandada de todos os pedimentos contra ela deducidos”.

Fundamentos de dereito.

Único. O artigo 267 da LOPX, e en idéntico sentido os artigos 214 e 215 LAC, regula o chamado recurso de aclaración, que posibilita con carácter excepcional a aclaración de puntos escuros, a emenda de omisións ou a corrección de erros meramente materiais sobre puntos discutidos no litixio, pero sen en ningún caso consentir que por tal vía poida ser rectificado o que deriva dos fundamentos xurídicos e sentido da decisión ou se subvertan as conclusións probatorias previamente mantidas, salvo que excepcionalmente o erro material consista en, “un simple desaxuste ou contradición patente e independente de calquera xuízo valorativo ou apreciación xurídica, entre a doutrina establecida nos fundamentos xurídicos e a decisión da resolución xudicial”, isto é, cando sexa evidente que o órgano xudicial “simplemente se equivocou ao trasladar o resultado do seu xuízo á decisión”.

Así mesmo, establece o artigo 267.3 LOPX: “3. Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento”.

Á vista da decisión da resolución ditada, non se incluíu nel a empresa demandada Bercuma, S.L. que foi demandada no presente procedemento, polo que se debe modificar en tal sentido a decisión da sentenza.

Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Que se debe rectificar a decisión da Sentenza do 15 de marzo de 2012 ditada nos autos n.º 1207/2009, no sentido exposto no fundamento único da presente resolución, que debe dicir:

Decido.

“Que desestimando integramente a demanda interposta por Elena García Domínguez, representada pola letrada Sra. Romero Salgado, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, representado pola letrada Sra. Pardo Costas e contra a empresa Bercuma, S.L., que non comparece, e en consecuencia debo absolver e absolvo a entidade demandada de todos os pedimentos contra ela deducidos”.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso en virtude do disposto no artigo 215.4 LAC e artigo 267.7 LOPX. Así por este auto pronúnciao, mándao e asínao, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 (reforzo) da Coruña».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Bercuma, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 8 de maio de 2012.

A secretaria xudicial