Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2012 Páx. 20553

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1332/2009).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento número 1332/2009, deste xulgado do social, seguido por instancia de Pedro Walter Peralta, contra a empresa Procesados y Acabados Metálicos Tornal, S.L., e o Fogasa, sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte sentenza do 24.4.2012, cuxa parte dispositiva se achega:

«Que estimo integramente a demanda interposta por Pedro Walter Peralta fronte á mercantil Procesados y Acabados Metálicos Tornal, S.L., e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a que lle aboe ao demandante a cantidade de 1.788,30 euros, en concepto de salarios percibidos desde o día 21.2.2008 e ata o 30.4.2009, parte proporcional das pagas extra de xullo e de Nadal e vacacións non desfrutadas, máis o 10% da devandita cantidade por demora no pagamento desta.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta poden interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Procesados y Acabados Metálicos Tornal, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2012.

A secretaria xudicial