Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2012 Páx. 20554

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1316/2009).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento núm. 1316/2009, deste xulgado do social, seguidos por instancia de Mercedes Espantoso Rey contra a empresa Senior Santiago, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza do 12.4.2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

Que estimo integramente a demanda interposta por Mercedes Espantoso Rey fronte á mercantil Senior Santiago, S.L. e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e, en consecuencia, condeno a Senior Santiago, S.L. a aboarlle á demandante a cantidade de 4.328,32 euros, en concepto de salarios dos meses de agosto, setembro, outubro e novembro de 2009, máis o 10% das cantidades salariais por demora no seu pagamento.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Senior Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2012.

A secretaria xudicial