Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2012 Páx. 20546

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (392/2011).

María Jesús Prieto Toranzo, secretaria da Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, certifica que neste órgano xudicial se tramita recurso de apelación (LACN) 392/2011, dimanante do incidente concursal n.º 243/10, procedente do Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra (sede en Vigo), seguido por instancia de Ecoembalajes España, contra Bernardo Alfageme, Agustín Pablo Casals Quintáns, Ramón Rodríguez Nogueira, Raúl López Barrio, Estudio Jurídico Herrero, Juan Marcos de Nicolás Lafourcade, Rafael Castro Nores, Representaciones Bombín, Representaciones Gonra, Martín Mora y López, José Ramón Laíño García, Joaquín Ayora, Francisco Villanueva López, Banco Popular Español, Comercial Devesa Sanz, Guillermo Prieto Ordas, Axencia Estatal de Administración Tributaria AEAT, administración concursal, e que se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta polos maxistrados

Francisco Javier Menéndez Estébañez.

María Begoña Rodríguez González.

Jacinto José Pérez Benítez.

Ditou en nome do rei a seguinte

Sentenza núm. 361.

En Pontevedra o vinte e oito de xuño de dous mil once.

Vistos en grao de apelación ante esta Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos de incidente concursal 243/10, procedentes do Xulgado Mercantil número 3 de Pontevedra (sede en Vigo), aos cales correspondeu a peza núm. 392/11, en que aparece como parte apelante: Ecoembalajes España representado polo procurador José Portela Leiros e asistido polo letrado Javier Cobos Herrero, e como parte apelada: Bernardo Alfageme, Agustín Pablo Casals Quintáns, Ramón Rodríguez Nogueira, Raúl López Barrio, Estudio Jurídico Herrero, Juan Marcos de Nicolás Lafourcade, Rafael Castro Nores, Representaciones Bombín, Representaciones Gonra, Martín Mora y López, José Ramón Laíño García, Joaquín Ayora, Francisco Villanueva López, Banco Popular Español, Comercial Devesa Sanz, Guillermo Prieto Ordas, Axencia Estatal de Administración Tributaria AEAT, administración concursal, non comparecidos nesta alzada, e sendo relator o maxistrado Francisco Javier Menéndez Estébanez, quen expresa o parecer da sala.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Decidimos que desestimando o recurso de apelación formulado pola representación procesual de Ecoembalajes España, S.A. contra a sentenza ditada nos autos de incidente concursal n.º 243 y 240/10 (concurso n.º 69/10) polo Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, debémolo confirmar e confirmámolo, con imposición das custas á apelante.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Seguen as rúbricas. Certifico».

O inserido concorda ben e fielmente co seu orixinal ao cal me remito, en caso necesario, para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación a Representaciones Gonra, S.L., que se encontra en ignorado paradoiro, expido e asino o presente testemuño.

Pontevedra, 7 de febreiro de 2012.

M.ª Jesús Prieto Toranzo
Secretaria xudicial