Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2012 Páx. 20544

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1040/2008).

Nas actuacións de demanda/recurso de suplicación a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 466/2007 do Xulgado do Social número 1 de Vigo, promovidos por Isolino Torres Fernández contra Litomega, S.L., Granitos Poniente, S.L., Granipais, S.L., sobre recarga de accidente, ditouse resolución que é do teor literal seguinte:

«Dilixencia de ordenación.

Secretario: Francisco Javier Gamero López-Peláez.

Na Coruña o tres de maio de dous mil doce.

O anterior escrito presentado polo procurador Domingo Rodríguez Siaba, en representación de Sial, S.A., en cumprimento do requirimento efectuado, únase. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e emprácense as partes para que comparezan persoalmente ou por medio de avogado ou representante ante a Sala do Social do Tribunal Supremo (Sala Cuarta) no prazo de quince días hábiles, debendo presentar a parte recorrente ante a dita sala dentro dos vinte días seguintes á data en que se efectúe este emprazamento o escrito de interposición do recurso, de conformidade coa Lei de procedemento laboral.

Expídase edicto ao DOG para o emprazamento de Litomega, S.L., Granitos Poniente, S.L., e Granipais, S.L.

Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

Comuníquese ao xulgado do social que a resolución ditada por esta sala do social foi obxecto de recurso en casación para unificación da doutrina.

Así o acordo, asino e dou fe».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia co fin de que sirva de notificación en forma a Litomega, S.L., Granitos Poniente, S.L., Granipais, S.L., con último domicilio coñecido en Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 3 de maio de 2012.

O secretario xudicial