Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2012 Páx. 20305

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1122/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que por dilixencia ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de David Pérez Alvariño contra Análisis y Control de Vertidos, S.L., Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co n.º 1122/2009, se acordou notificar a Análisis y Control de Vertidos, S.L., en ignorado paradoiro a sentenza recaída neste procedemento cuxo encabezamento e decisión é o seguinte:

«Sentenza: 330/2012.

Asunto 1122/2009.

Na cidade da Coruña, 30 de abril de 2012.

Lara M.ª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ter visto os presentes autos sobre cantidades, por instancia de David Pérez Alvariño, que comparece representado pola letrada Sra. Muruzábal Pérez, contra a empresa Análisis y Control de Vertidos, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte

Decisión:

Que estimando a demanda interposta por David Pérez Alvariño contra a empresa Análisis y Control de Vertidos, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, condeno a empresa a que lle aboe a cantidade de dezaoito mil seiscentos vinte euros e sesenta céntimos (18.620,60 euros), sen prexuízo da responsabilidade do Fondo conforme o artigo 33 do Estatuto dos traballadores e os seus límites legais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición perante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto; a consignación en metálico poderá substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista e tamén se deberá acreditar a consignación na indicada conta, da suma de 300 euros preceptivas para recorrer; sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación a Análisis y Control de Vertidos, S.L., expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 7 de maio de 2012.

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial