Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2012 Páx. 20303

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

EDICTO (718/2010).

No procedemento de xuízo ordinario núm. 718/2010 ditouse a sentenza cuxo encabezamento e decisión literalmente di:

Sentenza: 00050/2012.

Xuíz que a dita: Javier Tudela Guerrero.

Lugar: Ferrol.

Data: 5 de marzo de 2012.

Demandante: Lease Plan Servicios, S.A.

Avogado/a: Pernia Azacarate.

Procurador: José María Ontañón Castro.

Demandado: Servicios Hosteleros de Ferrol, S.L.

Procedemento: procedemento ordinario 718/2010.

«Decisión:

Acordo: estimar integramente a demanda presentada por Lease Plan Servicio, S.L., contra Servicios Hosteleros de Ferrol, S.L., e condenar a segunda a aboarlle á primeira:

A cantidade de 8.583,5 euros de rendas debidas por arrendamento dos vehículos 2608 GCX e 6027 GGS.

A cantidade recoñecida como rendas xera os xuros penitenciais pactados, desde as datas de devindicación de cada unha das facturas e ata o seu completo pagamento.

A cantidade de 2.092,64 euros como indemnización de danos e perdas derivados da prolongación da tenza do vehículo 2608 GCX entre abril e xuño de 2010.

Ao pagamento das custas do procedemento.

Modo de impugnación: contra esta sentenza cabe recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación, que se interporá perante este órgano xudicial.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, para a admisión do recurso deberase acreditar que se constituíu, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente 1559 0000, indicando no campo «concepto», a indicación «Recurso» seguida do código «02 Civil-Apelación».

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo a indicación «recurso» seguida do código «02 Civil-Apelación».

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase e, neste caso, indicará no campo observacións a data da resolución impugnada co formato DD/MM/AAAA.

Así por esta miña sentencia pronúncioo, mándoo e asínoo».

O maxistrado xuíz

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Servicios Hosteleros de Ferrol, S.L., declarado en rebeldía, expídese este edicto para que lle sirva de notificación en legal forma.

Ferrol, 7 de marzo de 2012.

O/a secretario/a xudicial