Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2012 Páx. 19916

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (806/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 806/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcelino Rodríguez Cousillas contra a empresa Industrias Gelucho Romar, S.A., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Autos 806/2011.

Na cidade da Coruña, 30 de abril de 2012.

Lara M.ª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento, por instancia de Marcelino Rodríguez Cousillas, que comparece representado polo letrado Sr. Lorenzo Viejo, contra a empresa Industrias Gelucho Romar, S.A. e Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte

Decisión que estimando a demanda interposta por Marcelino Rodríguez Cousillas contra a empresa Industrias Gelucho Romar, S.A., declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 27.6.2011 e declaro extinguida a relación laboral con data desta sentenza, e condénoa a indemnizalo pola extinción coa cantidade –salvo erro ou omisión– de dez mil trescentos trinta e nove euros e vinte e oito céntimos (10.339,28 €).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto; poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén a consignación na indicada conta da suma de trescentos euros preceptivos para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Industrias Gelucho Romar, S.A., expido o presente.

A Coruña, 7 de maio de 2012.

María Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial