Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2012 Páx. 19914

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (774/2011).

José Luis Pérez García, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, polo presente, anuncio:

No presente procedemento de divorcio contencioso 774/2011, seguido por instancia de María de la Salud Zarate Pesquera fronte a Andrés Rafael Trilles Jubete, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza número 210/2012.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2012.

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primera Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial, o presente xuízo de divorcio número 774/2011, promovido pola procuradora Sra. Ceinos Real, en nome e representación de María de la Salud Zarate Pesquera, asistida da letrada Sra. Pérez Marcos, fronte a Andrés Rafael Trilles Jubete, maior de idade, citado en autos, declarado en rebeldía procesual e sen intervención do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio.

Decisión que estimo integramente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Ceinos Real, en nome e representación de María de la Salud Zarate Pesquera, asistida da letrada Sra. Pérez Marcos, fronte a Andrés Rafael Trilles Jubete, maior de idade, citado en autos, declarado en rebeldía procesual e sen intervención do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio e, en consecuencia, procede decretar a disolución por divorcio do matrimonio contraído por ambos os dous litigantes o día 18.6.2004 en Alicante, inscrito no tomo 78, páxina 407 do Rexistro Civil desa cidade por concorrer a causa prevista no artigo 86.1. do Código Civil, transcorridos máis de tres meses de matrimonio.

Firme que sexa a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas deste proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpor recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 e 776 da Lei de axuizamento civil), logo de consignación de depósito de 50 € previsto na D.A. 15.º da LOPX.

Así, por ser esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino, Roberto Soto Solá, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primera Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicación. Lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo Sr. xuíz que a ditou, no día da data; dou fe».

E encontrándose o dito demandado, Andrés Rafael Trilles Jubete, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2012.

O secretario xudicial