Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2012 Páx. 19918

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1291/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número DSP 1291/2011, por instancia de Rosa Liz González contra Juan Darío Blanco Teijeiro e Raquel Montes Grela, sobre despedimento, en que no día 9 de marzo de 2012 se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento interpuxo Rosa Liz González contra Juan Darío Blanco Teijeiro e Raquel Montes Grela e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto a demandante con data do 10 de novembro de 2011, condenando a Juan Darío Blanco Teijeiro e Raquel Montes Grela a que, no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opten entre a readmisión inmediata da demandante, coas mesmas condicións que rexían con anterioridade ou o aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 500 euros, máis o aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascende a 16,67 euros diarios, en ambos os casos.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da LRXS, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, co número 4757 0000, código 36 e n.º de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación á empresa demandada Juan Darío Blanco Teijeiro e Raquel Montes Grela, co apercibimento de que as sucesivas notificacións se lle realizarán nos estradosdeste xulgado, agás as que sexan emprazamentos, sentenzas ou autos, expido e asino esta cédula.

A Coruña, 4 de maio de 2012.

María Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial