Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2012 Páx. 19789

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (348/2010).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Enrique Turiel Freire, José Manuel Calviño González, Antonio Riomao Lago e José Bargo Vázquez contra Teplast Caamaño, S.A.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 348/2010, ditouse a seguinte resolución:

«Na cidade da Coruña o vinte e catro de abril de dous mil doce.

Luis Carlos Mariana Niño, maxistrado xuíz substituto do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre ordinario entre partes, comparece Pedro Pedreira Candal, en nome e representación dos demandantes Enrique Turiel Freire, José Manuel Calviño González, Antonio Riomao Lago e José Bargo Vázquez e, doutra, como demandada a empresa Teplast Caamaño, S.A.L., que non comparece.

Decido que, estimando a demanda formulada por Enrique Turiel Freire, José Bargo Vázquez, José Manuel Calviño González e Antonio Riomao Lago contra a empresa Teplast Caamaño, S.A.L., condeno esta a aboarlles a cantidade total de 27.602,78 euros, que lles debe en concepto de salarios e demais conceptos.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lles practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 0348 10, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 0348 10 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de
recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, achándose celebrando audiencia pública no día da data.

E para que sirva de notificación a Teplast Caamaño, S.A.L., expídese este para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 3 de maio de 2012.

O secretario xudicial