Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2012 Páx. 19791

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (256/2010).

Juan Rey Pita, secretario do Social número 3 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Juan Nemiña Canosa contra Estructuras Maniker, S.L.U., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 256/2010, ditouse a seguinte resolución:

Na cidade da Coruña, 14 de abril de 2012.

Luis Carlos Mariana Niño, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Juan Nemiña Canosa, que comparece asistido pola letrada M.ª Sonia Esparza Quintela, e doutra como demandado, Estructuras Maniker, S.L.U. e o Fogasa, que non comparecen.

Decido que, estimando a demanda formulada por Juan Nemiña Canosa contra a empresa Estructuras Maniker, S.L.U., condeno esta a aboarlle a cantidade de 1.965,87 euros, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertindo que contra ela non cabe recurso ningún.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, achándose celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación a Estructuras Maniker, S.L.U., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 3 de maio de 2012.

O secretario xudicial