Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2012 Páx. 19788

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (262/2010).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Iván Pombo Felpeto contra Aplitubo, S.L., e Tubystal Norte, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 262/2010 ditouse a seguinte resolución:

«Na cidade da Coruña o trece de abril de dous mil doce.

Luis Carlos Mariana Niño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Iván Pombo Felpeto, que comparece asistido polo letrado Julio Martínez Manteiga, e, doutra, como demandadas, Aplitubo, S.L., e Tubystal Norte, S.L., que non comparecen.

Decido que, estimando a demanda formulada por Iván Pombo Felpeto contra as empresas Aplitubo, S.L., e Tubystal Norte, S.L., condeno estas a aboarlle a cantidade de 1.482,86 euros, que lle deben en concepto de salarios e demais conceptos.

Notifíqueselles ás partes e advírtaselles que contra esta sentenza non cabe recurso ningún.

Así, por esta sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, achándose celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación a Aplitubo, S.L., e Tubystal Norte, S.L., expídese este para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 3 de maio de 2012.

O secretario xudicial