Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2012 Páx. 19787

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1117/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Beatriz de la Fuente Fernández contra Boleita, S.L., e o Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 1117/2009, ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución di:

Asunto 1117/2009.

Na cidade da Coruña, 27 de abril de 2012.

Lara M.ª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver estes autos sobre cantidades, por instancia de Beatriz de la Fuente Fernández, que comparece representada polo seu letrado, contra a empresa Boleita, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte sentenza:

Decido que, estimando a demanda interposta por Beatriz de la Fuente Fernández contra a empresa Boleita, S.L., a condeno a que lle aboe a cantidade de dous mil novecentos cincuenta e nove euros e dezaseis céntimos (2.959,16 euros).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta é firme.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación a Boleita, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de maio de 2012.

A secretaria xudicial