Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2012 Páx. 19786

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1241/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Pilar Gómez Pena contra Distribuidora Industrial Gallega, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número procedemento ordinario 1241/2011, se acordou citar a Distribuidora Industrial Gallega, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas do Xulgado do Social número 1, situado en Monforte, s/n, edificio xulgados o día 25 de xuño de 2012 ás 10.40 horas para a realización dos actos de conciliación e ás 10.50 horas en caso de xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Distribuidora Industrial Gallega, S.L., expídese o presente edicto para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia da Coruña e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 2 de maio de 2012.

O secretario xudicial