Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2012 Páx. 19785

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (535/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 535/2011 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Isolina Fernández Álvarez contra a empresa Plantel de Servicios, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza do 17 de febreiro de 2012 cuxa decisión é a seguinte:

«Decisión que estimando a demanda interposta por Isolina Fernández Álvarez, con DNI 34940758-D contra a empresa Plantel de Servicios, S.L., debo declarar e declaro que procede e condeno a entidade demandada a que lle aboe a Isolina a suma de 1.162,97 €.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se anunciará mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ao da súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición perante este xulgado do xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531-60) na conta deste xulgado aberta en Banesto, e a consignación en metálico poderase substituír polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista e deberá acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 1531-34) a consignación da suma de 300 euros preceptivas para recorrer. Sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Plantel de Servicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de maio de 2012.

O secretario xudicial