Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2012 Páx. 19783

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos

EDICTO (799/2009).

Nos autos de ordinario número 799/2009, seguidos por instancia do procurador Manuel J. Pedreira de Río, en nome e representación de José Luis de Tena Noguerol e M. ª Lourdes de Tena Noguerol, contra o Grupo Atlántida 2006, S.L., foi ditada con data 14.11.2011 e 13.2.2012 dilixencia de ordenación e sentenza, respectivamente, que conteñen a declaración de rebeldía, así como o encabezamento e parte dispositiva, que literalmente din:

Dilixencia de ordenación da secretaria Eva Ortiz Suárez.

En Betanzos, 14 de novembro de 2011.

1. Sen comparecer a parte demandada, Grupo Atlántida 2006, S.L., dentro do prazo para contestar a demanda e de acordo co disposto no artigo 496.1 da Lei 1/2000, de axuizamento civil (LECN), declárase a devandita parte en situación de rebeldía procesual.

Conforme o ordenado no artigo 497.1 da mesma lei, e por ser coñecido o domicilio da parte demandada, notifíqueselle esta resolución por correo certificado con aviso de recepción, advertíndolle que non se levará a cabo ningunha outra notificación salvo a da resolución que poña fin ao proceso.

Sentenza n.º 21/12.

Procedemento: xuízo ordinario n.º 799/2009.

En nome de súa maxestade o rei.

Nuria Fachal Noguer, maxistrada xuíza do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 1 de Betanzos e o seu partido xudicial ditou a seguinte

Sentenza

En Betanzos, 13 de febreiro de 2012.

Vistos por Nuria Fachal Noguer, maxistrada xuíza do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 1 de Betanzos, os autos do xuízo ordinario 799/2009 en que son partes os demandantes José Luis de Tena Noguerol e María Lourdes de Tena Noguerol, asistidos pola letrada Sra. de Benito Paz, e representados polo procurador Sr. Pedreira del Río, e a demandada Grupo Atlántida 2006, S.L., en situación de rebeldía procesual.

Decido que estimando integramente a demanda interposta por José Luis de Tena Noguerol e María Lourdes de Tena Noguerol, asistidos pola letrada Sra. de Benito Paz, e representados polo procurador Sr. Pedreira del Río, contra a demandada Grupo Atlántida 2006, S.L., en situación de rebeldía procesual, debo condenar e condeno a demandada a aboar á parte demandante as seguintes sumas: 81.274,71 euros por compensación económica adicional ás vivendas e locais comerciais que lles foron entregados en virtude de escritura pública do 17 de xaneiro de 2008, máis os xuros legais desde a data de requirimento certo de pagamento (3 de outubro de 2007) ata o seu efectivo pagamento; a suma de 14.698,48 euros por compensación polo incremento do local comercial situado no soto dous ou intermedio da casa sinalada co n.º 27 da rúa do Rollo e 4-6, 12, 10 e 8 da rúa Pintor Seijo Rubio por cuxa esquina constitúe planta baixa - e parte a cota +29,39 pola rúa Pintor Seijo Rubio de Betanzos, máis os xuros legais desde a data de requirimento fidedigno de pagamento (3 de outubro de 2007) ata o seu efectivo pagamento; e a suma de 58.747,75 euros en concepto de indemnización por demora ou atraso no cumprimento do contrato do 14 de agosto de 2002, máis os xuros legais.

Todo iso con imposición de custas á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta resolución non é firme. Contra ela cabe recurso de apelación que deberá interporse neste xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte á súa notificación.

Publicación. No mesmo día, en audiencia pública, foi lida e publicada a anterior sentenza pola maxistrada xuíza que a ditou. Dou fe.

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no DOG e para que sirva de notificación en forma ao demandado rebelde Grupo Atlántida 2006, S.L., expídese o presente edicto.

Betanzos, 17 de febreiro de 2012.

A secretaria