Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2012 Páx. 19781

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (recurso de suplicación 41/2012).

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 41/2012 desta sección, seguido por instancia de Diserpo Servicios, S.L.U. contra a empresa Fogasa, Navas Servicios de Porteros, S.L., Administración, Prevención y Gestión de Empresa S.L., Porteros y Controladores Industriales, S.L., Mantenimiento y Control Galaica, S.L., César Javier Docampo Rivero sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación do secretario xudicial Francisco Javier Gamero López-Peláez.

Na Coruña o 26 de abril de 2012.

O anterior escrito presentado pola letrada Beatriz Gallego Calderón, en nome e representación de Diserpo Servicios, S.L. únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédeselle á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta sala, facéndolle saber que os autos están á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario, e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o designase.

Requírase a recorrente para que achegue, no momento de interposición do recurso, certificación da/s sentenza/s que invoca, con expresión da súa firmeza.

Tense por efectuado o depósito para interpor recurso.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún sen prexuízo de que a parte impugnada se poida opor á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

Expídase edicto ao Diario Oficial de Galicia para a notificación a Administración, Prevención y Gestión de Empresa, S.L, Mantenimiento y Control Galaica, S.L. e Navas Servicios de Porteros, S.L, e edicto ao Boletín Oficial da provincia de Toledo para a notificación a Porteros y Controladores Industriales, S.L.

Acórdoo e asínoo. Dou fe. Seguen as sinaturas.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Administración, Prevención y Gestión de Empresa, S.L., Mantenimiento y Control Galaica, S.L. e Navas Servicios de Porteros, S.L.

A Coruña, 2 de maio de 2012.

O secretario xudicial