Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2012 Páx. 19779

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2520/2011-S).

María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación número 2520/2011-S desta sección, seguido por instancia de Víctor Rico Parra contra a empresa Juan Manuel Vales Sánchez sobre alta médica, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos que desestimamos o recurso de suplicación formulado por Víctor Rico Parra contra a sentenza ditada o 28 de xaneiro de 2011 polo Xulgado do Social número 5 da Coruña nos autos número 850/2010, sobre impugnación de alta médica, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e a empresa Juan Manuel Vales Sánchez, resolución que se mantén na súa integridade.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes notificacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamentos.

Expido e asino este edicto para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Juan Manuel Vales Sánchez, con último domicilio coñecido na Coruña, rúa Alexandre Bóveda n.º 4, 2.º esquerda.

A Coruña, 30 de abril de 2012.

A secretaria xudicial