Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19440

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2012 pola que se publica o Plan de estudos de titulación oficial de máster universitario en Interpretación de Conferencias.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 12 de novembro de 2010 (publicado no BOE do 16 de decembro de 2010 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 22 de novembro de 2010).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do punto 5.1 da Memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado de 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Interpretación de Conferencias, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 21 de abril de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Interpretación de Conferencias

Rama de coñecemento: Arte e Humanidades.

Universidad participante: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

30

Optativas

18

Prácticas externas

6

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo/Submódulo

Teoría da Interpretación

3

Obrigatorio

Materias Obrigatorias

Organismos e Reunións Nacionais e Internacionais

3

Obrigatorio

Interpretación Consecutiva EN_ES_EN

6

Obrigatorio

Interpretación Simultánea EN_ES_EN

6

Obrigatorio

IC Espec. (institucións-política) EN_ES_EN

6

Obrigatorio

IS Espec. (Ciencia + Tec.) EN_ES_EN

6

Obrigatorio

Interpretación para os Medios de Comunicacións EN_ES_EN

6

Optativo

Materias Optativas

Interpretación Terceira Lingua FR_ES_FR

6

Optativo

Interpretación Terceira Lingua PT_ES_PT

6

Optativo

Interpretación Segunda Lingua EN_GL_EN

6

Optativo

Nocións de Economía, Dereito e Administración

3

Optativo

Submódulo A: Materias Obrigatorias Tipo A

Nocións de Ciencia e Tecnoloxía

3

Optativo

Técnicas de Interpretación I

6

Optativo

Terminoloxía e Documentación

3

Optativo

Submódulo B: Materias Obrigatorias Tipo B

Técnicas de Interpretación II

9

Optativo

Prácticas en Empresa

6

Obrigatorio

Prácticas en Empresas

Traballo Fin de Máster

6

Obrigatorio

Traballo Fin de Máster

Para a obtención do título de máster universitario en Interpretación de Conferencias o alumnado graduado ou licenciado en Tradución e Interpretación deberán superar 42 ECTS obrigatorios (onde se inclúen as prácticas en empresa e o traballo fin de máster), 12 ECTS do submódulo A e 6 ECTS optativos.

No caso do alumnado graduado ou licenciado noutras titulacións deberán superar 42 ECTS obrigatorios (onde se inclúen as prácticas en empresa e o traballo fin de máster), 12 ECTS do submódulo B e 6 ECTS optativos.