Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19437

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2012 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Tecnoloxías e Procesos na Industria do Automóbil.

Obtida a verificación do Plan de Estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 15 de abril de 2011 (publicado no BOE do 11 de maio de 2011 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 26 de abril de 2011).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da Memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, de 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Tecnoloxías e Procesos na Industria do Automóbil, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 21 de abril de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Máster universitario en Tecnoloxías e Procesos na Industria do Automóbil

Rama de coñecemento: Enxeñería e Arquitectura.

Universidade participante: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

20

Optativas

34

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Especialidade: Tecnoloxía.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Aprovisionamento, Loxística e Técnicas de Calidade

4

Obrigatorio

Coñecemento do Sector e Habilidades

Xestión de Proxectos

3

Obrigatorio

Traballo fin de máster

6

Obrigatorio

Financiamento, Sistemas de Prevención e RR.HH.

5

Obrigatorio

Mantemento e Medio Ambiente en Automoción

4

Obrigatorio

A Industria do Automóbil, Tecnoloxías e Procesos

4

Obrigatorio

Acabados Internos e Externos

5

Optativo

Tecnoloxías na Industria do Automóbil

Ensaios e Tendencias Futuras

6,5

Optativo

Sistemas Eléctricos e Electrónicos

5,5

Optativo

Sistema Motopropulsor

5,5

Optativo

Introdución ao Proceso de Desenvolvemento e Estrutura

7,5

Optativo

Sistemas de Dinámica Vehicular

4

Optativo

Especialidade: Procesos.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Aprovisionamento, Loxística e Técnicas de Calidade

4

Obrigatorio

Coñecemento do Sector e Habilidades

Xestión de Proxectos

3

Obrigatorio

Traballo fin de máster

6

Obrigatorio

Financiamento, Sistemas de Prevención e RR.HH.

5

Obrigatorio

Mantemento e Medio Ambiente en Automoción

4

Obrigatorio

A Industria do Automóbil, Tecnoloxías e Procesos

4

Obrigatorio

Calidade e Seguridade en Ferraxe

3

Optativo

Procesos na Industria do Automóbil

Industrialización na Ferraxe

4

Optativo

Xestión en Estampaxe

4

Optativo

As Pezas e os Utensilios de Estampaxe

4

Optativo

Introdución ao Proceso de Estampaxe e Materiais

5

Optativo

Procedementos de Ensamblaxe

7

Optativo

Máquinas de Proceso e Manipuladores para Estampaxe

4

Optativo

Introdución ao Proceso de Ferraxe

3

Optativo

Para a obtención do título de máster universitario en Tecnoloxías e Procesos na Industria do Automóbil, o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta o máster.