Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19436

III. Outras disposicións

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2012 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia no primeiro cuadrimestre do ano 2012.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia n.º 136, do 14 de xuño) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade á relación de convenios subscritos polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia no primeiro cuadrimestre do ano 2012, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Vilaxoán, 11 de maio de 2012.

M.ª Covadonga Salgado Blanco
Directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Tecnolóxico para o
Control do Medio Mariño de Galicia no primeiro cuadrimestre do ano 2012

Convenio

Importe

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización da «análise de enfermidades dos peixes e da situación zoosanitaria das instalacións de acuicultura mariña na Comunidade Autónoma de Galicia»

83.859,00 €

1.1.2012

Convenio de colaboración entre o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia e o Cluster de Acuicultura de Galicia - Centro Tecnolóxico Galego de Acuicultura (Cetga) para a realización da «análise de enfermidades bacterianas do linguado solea senegalensis, e da presenza de patóxenos bacterianos nas augas de proceso»

75.000,00 €

9.1.2012

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

0,00 €

24.1.2012