Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19433

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2012 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este ente público no primeiro cuadrimestre do ano 2012.

Para os efectos previstos no artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG n.º 136, do 14 de xuño), acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Enerxético de Galicia no primeiro cuadrimestre do ano 2012 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2012.

Eliseo Diéguez García
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

N.º: 1.

Título: convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

Obxecto: a participación do persoal do Inega nas actividades da EGAP e a colaboración e desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgativo e investigador.

Sinatura: 24 de xaneiro de 2012.

Importe: 0,00 euros.

N.º: 2.

Título: addenda II pola que se modifica o convenio-addenda II ao acordo marco de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para o desenvolvemento de actuacións en materia de aforro e eficiencia enerxética e de implantación e desenvolvemento de enerxías renovables.

Obxecto: modificar a cláusula décima do convenio-addenda II e prorrogar así a vixencia deste ata o 30 de xuño de 2014.

Sinatura: 31 de xaneiro de 2012.

Importe: 0,00 euros.

N.º: 3.

Título: convenio de colaboración entre Sotavento Galicia, S.A. e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para impulsar as tecnoloxías renovables e difundir o carácter experimental e demostrativo das instalacións do parque eólico experimental Sotavento.

Obxecto: a colaboración entre Inega e Sotavento Galicia, S.A., coa finalidade de impulsar as tecnoloxías vinculadas ao desenvolvemento das enerxías renovables e difundir o carácter experimental e de demostración das instalacións do parque eólico experimental Sotavento, propiedade de Sotavento Galicia, S.A.

Sinatura: 2 de febreiro de 2012.

Importe: 137.000 euros.

N.º: 4.

Título: acordo marco de coordinación entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para a coordinación de actuacións de aforro e eficiencia enerxética e de implantación de enerxías renovables.

Obxecto: definir os mecanismos de colaboración entre o Inega e a Consellería de Traballo e Benestar para levar a cabo actuacións do Plan de Activación de Empresas de Servizos Enerxéticos (Plan 2000 ESEs) co cal se pretende conseguir un aforro de enerxía nos centros consumidores de enerxía mediante medidas de aforro e eficiencia enerxética e tamén enerxías renovables.

Sinatura: 20 de febreiro de 2012.

Importe: 0,00 euros.

N.º: 5.

Título: acordo de coordinación entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e Augas de Galicia para a instalación dunha planta piloto de cultivo de microalgas na EDAR de Guillarei (Tui).

Obxecto: definir os mecanismos de colaboración entre o Inega e Augas de Galicia, para a instalación e seguimento dunha planta piloto de produción de biocombustibles a partir de microalgas.

Sinatura: 9 de marzo de 2012.

Importe: 0,00 euros.

N.º: 6.

Título: acordo marco de coordinación entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para promover e potenciar o uso de enerxías renovables e a eficiencia enerxética no Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Obxecto: implantar nos sistemas enerxéticos do Parque Nacional das Illas Atlánticas melloras acordes coas súas necesidades enerxéticas, que terán en conta as especiais características ambientais do parque.

Sinatura: 26 de marzo de 2012.

Importe: 0,00 euros.

N.º: 7.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), o ente público Portos de Galicia e a empresa Tecnosolydi, S.L., para a realización dun proxecto piloto de iluminación pública exterior no porto de Celeiro.

Obxecto: a execución dun proxecto piloto de iluminación exterior no porto de Celeiro, coa finalidade de testar distintas posibilidades de uso e implantación de novas tecnoloxías de iluminación exterior (LED), para por en práctica medidas de redución de consumos enerxéticos e uso racional da enerxía neste porto.

Sinatura: 12 de abril de 2012.

Importe: 50.000 euros.

N.º: 8.

Título: addenda ao convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para a realización de accións formativas en materia de normativa enerxética edificatoria.

Obxecto: prorrogar o prazo de xustificación da realización das accións formativas ata o 3 de outubro de 2012 e o de vixencia do convenio ata o 15 de outubro de 2012.

Sinatura: 24 de abril de 2012.

Importe: 0,00 euros.