Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19430

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como, para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables na Comunidade Autónoma, a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vaia realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Diversey España, S.L., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora.

Diversey España, S.L.

3. Data.

Os días 28 e 29 de maio, 4 e 5 de xuño de 2012.

4. Lugar de realización.

Instalacións da empresa Eulen.

Rúa do Santo Grial, n.º 103.

27003 Lugo

5. Número de prazas.

Máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección.

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes.

Solicitude segundo modelo anexo.

9. Programa:

Día 28.5.2012

16.30-19.30 horas

Praguicidas e biocidas. Clasificación. Xeneralidades e modo de acción. Lexislación.

19.30-20.30 horas

Identificación e clasificación dos principais praguicidas.

20.30-21.30 horas

Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas.

Día 29.5.2012

16.30-17.30 horas

Pragas de roedores. Estudo dos roedores. Raticidas para ratos e ratas.

17.30-19.30 horas

Pragas de insectos e ácaros. Estudo destes. Insecticidas e acaricidas. Métodos de loita antivectorial en ambientes urbanos. Control integral de pragas.

19.30-20.30 horas

Desinfección. Produtos usados. Técnicas.

20.30-21.30 horas

Equipamento de aplicación. Manexo de equipamento de tratamento con biocidas.

Día 4.6.2012

16.30-18.30 horas

Praguicidas e ambiente. Problemas que expón. Destrución de envases.

18.30-20.30 horas

Elaboración dun plan integral de control de pragas dun local, establecemento ou industria alimentaria.

20.30-21.30 horas

Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación.

Día 5.6.2012

16.30-17.30 horas

Hixiene e seguridade no manexo e aplicación.

17.30-18.30 horas

Equipamento de protección individual, normas de seguridade no manexo e aplicación de biocidas.

18.30-20.30 horas

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación.

20.30-21.30 horas

Primeiros auxilios no caso de intoxicación.

21.30-22.30 horas

Exame final.

10. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente con que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2012.

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores
de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Diversey España, S.L.

Datas: os días 28 e 29 de maio, 4 e 5 de xuño de 2012.

Lugar de realización do curso:

Instalacións da empresa Eulen.

Rúa do Santo Grial, n.º 103

27003 Lugo

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: de 16.30-21.30 horas, agás o día 5 de xuño que será en horario de 16.30-22.30 horas.

N.º de prazas: máximo 25 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase a Diversey España, S.L., r/ Retama, n.º 7, piso 7.º, 28045 Madrid.

Teléfono: 915 30 21 94/678 64 53 25

ou por correo electrónico javier.monerris@diversey.com, sergio.fernandez@diversey.com

Nome e apelidos......................................................................................................................

NIF/DNI..................................................................................................................................

Enderezo..................................................................................................................................

C.P....................................................................................Localidade.....................................

Tel..........................................................Correo electrónico....................................................