Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19423

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2012 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 18 de maio de 2012 polo que se aproba a relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio.

A aprobación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio xustifícase para dar cumprimento ao que establece o decreto polo que se aproban os seus estatutos.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 18 de maio de 2012, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 18 de maio de 2012, relativo a aprobación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, coa finalidade de cumprir o dito acordo dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2012.

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file