Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19420

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2012 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de maio de 2012, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais da consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 10 de maio de 2012, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte desta.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 10 de maio de 2012, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e coa finalidade de cumprilo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2012.

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

missing image file
missing image file