Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19442

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2012 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Lingua e Comunicación nos Negocios.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 24 de febreiro de 2012 (publicado no BOE do 26 de marzo de 2012 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 5 de marzo de 2012).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do punto 5.1 da Memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado de 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Lingua e Comunicación nos Negocios, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 21 de abril de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Lingua e Comunicación nos Negocios

Rama de coñecemento: Artes e Humanidades.

Universidade participante: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

39

Optativas

9

Prácticas externas

6

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Lingua e Pensamento

3

Obrigatorio

Comunicación, Linguaxe

e Pensamento

Comunicación e Linguaxe

3

Obrigatorio

Técnicas de Redacción en Español

3

Obrigatorio

Técnicas de Redacción en Galego

3

Optativo

Técnicas de Redacción en Inglés

3

Optativo

Linguaxe Científico-Técnica

3

Optativo

Linguaxe Xurídico-Xudicial

3

Optativo

Linguaxe Empresarial

3

Optativo

Linguaxe nas Industrias Culturais

3

Optativo

Facilitadores e Barreiras na Comunicación

3

Obrigatorio

Habilidades de Comunicación

Comunicación Non Verbal

3

Obrigatorio

Presentacións Eficaces

3

Obrigatorio

Comunicación Intercultural

3

Obrigatorio

Comunicación Institucional e Política

3

Obrigatorio

Ferramentas e Estratexias

de Comunicación

Comunicación Persuasiva

3

Obrigatorio

Comunicación Periodística

3

Obrigatorio

O Protocolo como Ferramenta para a Comunicación

6

Obrigatorio

Novas Tecnoloxías Aplicadas á Xestión da Comunicación nas Organizacións

3

Obrigatorio

Prácticas en Empresas

6

Obrigatorio

Practicum

Traballo Fin de Máster

6

Obrigatorio

Traballo Fin de Máster

Para a obtención do título de máster universitario en Lingua e Comunicación nos Negocios, o alumnado deberá superar os 60 ECTS dos que consta o máster.