Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19476

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (708/2011).

Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento p. oficio autoridade laboral 708/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social contra a empresa Servicios de Hostelería Larín, S.L., Diana Angélica Abreu Fagundez e Sohelia García Amaral, sobre procedemento de oficio, se ditou sentenza cuxa decisión di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que de oficio foi interposta pola Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social da Coruña, e en consecuencia debo declarar e declaro que a relación que existe entre Shoelia García Amaral e Diana Angélica Abreu Facundez e Servicios de Hostelería Larín, S.L. debe ser considerada como laboral.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1 a) da LRXS, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo. Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Diana Angélica Abreu Fagundez e Sohelia García Amaral, en ignorado paradoiro, expido e asino o present.

A Coruña, 19 de abril de 2012.

A secretaria xudicial