Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19475

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (773/2009).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 773/2009 por instancia de Nilson Santiago Balbis Mallo contra Construcciones Rurales Carballo, S.L. sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza en data 20.9.2011, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decisión:

Que estimando a demanda interposta polo demandante Nilson Santiago Balbis Mallo, debo condenar e condeno a empresa Construcciones Rurales Carballo, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 3.778,22 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade no número de conta 0030 1846 420005001274.

E, igualmente, deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta 1534000064077309.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Construcciones Rurales Carballo, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 2 de maio de 2012.

A secretaria xudicial