Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19473

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (551/2009).

Xulgado do Social número 3 da Coruña. R/ Monforte, s/n.

Teléfono: 981 18 51 35/136/137. NIG: 15030 44 4 2009 0002327 07410.

Número autos: demanda 0000551/2009. Materia: ordinario.

Demandante: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Demandada: empresa Jesús Castro Álvarez.

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no proceso seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Jesús Castro Álvarez, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 551/2009, se ditou a seguinte resolución:

Na cidade da Coruña o 23 de abril de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre ordinario, entre partes, dunha e como demandante, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, que comparece representada pola letrada Ana Moreno Lugrís e, doutra, como demandada, a empresa Jesús Castro Álvarez, que non comparece malia estar citada en legal forma.

«Resolvo que estimo a acción exercida por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Castro Álvarez, Jesús, e declaro a responsabilidade da empresa por descubertos nas cotas do traballador Manuel Salgueiro Furelos e a súa responsabilidade no aboamento nas prestacións obxecto deste procedemento e que foron aboadas pola mutua. Todo isto con condena da citada empresa a aboar á mutua demandante as cantidades de:

– 7.068,17 euros por prestación económica de IT por continxencias comúns.

– 312,43 euros en concepto de asistencia sanitaria.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado, co número 1533 0000 36 0551 09, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de Depósitos e Consignacións a nome deste xulgado, co n.º 1533 0000 60 00551.09, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para sirva de notificación á empresa Jesús Castro Álvarez, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 2 de maio de 2012.

O secretario xudicial