Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19471

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (1223/2010).

Procedemento: modificación de medidas suposto contencioso 1223/2010.

Sobre outros familia incidentes.

De María de los Dolores Garbia Romero.

Procuradora: María Jesús Fernández Rial López.

Contra Alberto Omar Spinetti.

José Luis Pérez García, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, anuncia que neste procedemento de modificación de medidas suposto contencioso, seguido por instancia de María de los Dolores Garbia Romero fronte a Alberto Omar Spinetti, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza n.º 219.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2011.

Visto por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, os autos de modificación de medidas definitivas número 1223/2010, promovidos por instancia da procuradora Sra. Fernández Rial, en nome e representación de María de los Dolores Garbia Romero, asistida da letrada Sra. Pérez Peaguda, fronte a Alberto Omar Spinetti, sinalado en autos, con NIE X3429282M, declarado en rebeldía procesual, con intervención da representante do Ministerio Fiscal, en representación dos dereitos e intereses prevalentes do fillo menor habido no matrimonio.

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda deducida pola procuradora Sra. Fernández Rial, en nome e representación de María de los Dolores Garbia Romero, asistida da letrada Sra. Pérez Peaguda, fronte a Alberto Omar Spinetti, sinalado en autos, con NIE X3429282M, declarado en rebeldía procesual, con intervención da representante do Ministerio Fiscal, en representación dos dereitos e intereses prevalentes do fillo menor habido no matrimonio.

Procede estimar na súa integridade a demanda nos termos instados de atribución á demandante da garda e custodia exclusiva do fillo menor de idade habido en común e a supresión do réxime de visitas e vacacións establecido nesa sentenza a prol do demandado para co citado fillo menor de idade, mantendo os restantes pronunciamentos da sentenza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, con data do 22 de setembro de 2009, nos autos de divorcio de mutuo acordo 732/2009, homologadora do convenio regulador do 21 de xaneiro de 2009.

Cada parte pagará as custas causadas á súa instancia e a metade das comúns.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, con advertencia de que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación, que se deberá preparar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da súa notificación, logo da consignación do depósito previsto na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial.

Lévese testemuño desta resolución aos autos correspondentes.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela.

Publicación. A anterior resolución leuna e publicouna o xuíz que a ditou, en audiencia pública, no día da data. Dou fe».

E estando o demandado Alberto Omar Spinetti en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2011.

O secretario xudicial