Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19469

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (806/2011).

Eu, María Novo López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, por este edicto,

Anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal, seguido por instancia de Marina Mareque Rilo contra José Mareque Morao, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentencia n.º 55/2012.

Na cidade de Santiago de Compostela o vinte de marzo de dous mil doce.

Vistos por Margarita Isabel Poveda Bernal, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo verbal n.º 806/2011 seguidos ante este xulgado entre partes; dunha, como demandante, Marina Mareque Rilo, con procuradora Sra. Sánchez Silva e letrado Sr. Ferreiro Casal, e doutra, como demandado, José Mareque Morao, en rebeldía, sobre acción declarativa do dominio por prescrición, dítase esta sentenza con base nos seguintes:

Resolvo que, estimando como estimo a demanda interposta por Marina Mareque Rilo, con procuradora Sra. Sánchez Silva, contra José Mareque Morao, en rebeldía, debo declarar e declaro que a demandante é a propietaria do seguinte predio: predio n.º 46 do plano xeral de concentración parcelaria, de natureza rústica dedicada a monte, ao sitio de Quinto, concello de Boqueixón, que estrema ao norte con José Rey Carballo; ao sur, camiño construído polo Servizo Nacional de Concentración Parcelaria e Ordenación Rural; leste, con Manuel Mareque Morao; oeste, con Andrés Baluja Fontao, cunha superficie de trinta e oito áreas e corenta e nove centiáreas, e condeno a parte demandada ao pagamento das custas procesuais causadas.

Únase esta ao libro rexistro de sentenzas e autos definitivos civís deste xulgado, e expídase testemuño que se unirá aos autos a que se contrae.

Unha vez que sexa firme a sentenza, expídase mandamento ao Rexistro da Propiedade para efectos de cambio de titularidade rexistral.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Modo de impugnación: conforme o disposto no artigo 455.1 da Lei de axuizamento civil (LAC), reformado pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, de medidas de axilización procesual, tratándose dun xuízo verbal de contía non superior a 3.000 € esta sentenza non é susceptible de recurso ningún.

E estando o dito demandado, José Mareque Morao, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial