Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19467

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1847/2009-JS).

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, secretaria María Asunción Barrio Calle.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1847/2009-JS.

Materia: alta médica.

Recorrente: M.ª Luisa Martínez Diéguez.

Recorridos: Servicio Galego de Saúde, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servicios Varela e Pereira, S.L., Mutua Midat Cyclops.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 3 de Ourense. Demanda 764/2008.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 1847/2009-JS a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 764/2008 do Xulgado do Social número 3 de Ourense, promovidos por María Luisa Martínez Diéguez contra Servizo Galego de Saúde, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servicios Varela y Pereira, S.L., mutua Midat Cyclops, sobre alta médica, con data do 28 de febreiro de 2012 se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Resolvemos que desestimamos o recurso de suplicación formulado pola María Luisa Martínez Diéguez, contra a sentenza ditada o 23 de xaneiro de 2009 polo Xulgado do Social número 3 de Ourense, nos autos 764/2008, seguidos pola súa instancia contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Servizo Galego de Saúde, mutua MC e a empresa Servicios Varela y Pereira, S.L., resolución que se mantén na súa integridade.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galiciia, e fágaselles saber que, contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións nos estrados, agás que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral».

E para que así conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Servicios Varela y Pereira, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 3 de maio de 2012.

A secretaria xudicial