Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19466

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2012 pola que se aproba e fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional técnico superior de investigación, espectrometría de masas e proteómica, grupo I desta universidade, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

Por Resolución do 21 de febreiro de 2012 (DOG do 12 de marzo e BOE do 31 de marzo), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional técnico superior de investigación, espectrometría de masas e proteómica, do grupo I da USC, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web:

http://www1.usc.es/webpas/SPAS/Laborais/Indice.htm

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de persoas admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2012.

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela