Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19478

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (70/2011).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número 1, fai saber que, en virtude do acordado na execución de títulos xudiciais 70/2011, por instancia de Ovidio Pérez Yáñez contra Proin 2006, Sociedade Limitada, por un principal de 9.385,10 euros, máis 1.877 euros provisionalmente calculados para custas e xuros, mediante este edicto anúnciase a venda en poxa pública, por termo de vinte días, dos seguintes predios:

Predio catastral número 6929811PJ426N0001LH, da provincia de Lugo, municipio de Barreiros, situada na Casa do Catalán, 122 D chan, Barreiros, 27793 Lugo. Valorada en 581.418 euros.

Predio catastral número 27005A025000010000UK, provincia de Lugo, municipio de Barreiros, situada no polígono 25, parcela 1, As Pasadas-Barreiros (Lugo), superficie 2.992 m2. Valorada en 14.960 euros.

A poxa realizarase o día 12.7.2012, ás 11.00 horas, na sala de audiencias da oficina xudicial, sita na r/ Armando Durán, 1-4.º, 27071 Lugo.

A situación posesoria do inmoble é a seguinte:

A certificación rexistral e, de ser o caso, a titulación sobre o inmoble ou inmobles que se poxan estarán de manifesto na oficina xudicial, sede do órgano de execución, e nos lugares públicos de costume ata a data de realización da poxa, e publicarase no Diario Oficial de Galicia. Todo licitador acepta como suficiente a titulación existente ou que non existen títulos, e que as cargas e gravames, se os houber, ao crédito do demandante continuarán subsistindo e que, polo único feito de participar na poxa, o licitador os admite e acepta quedar subrogado na responsabilidade derivada daqueles se o remate se adxudicar ao seu favor.

Para tomar parte na poxa, os ofertantes deberán depositar, previamente, na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, aberta na entidade Banesto, oficina principal de Lugo, e con número de conta 2322 0000 640 70 11, o 30% do valor do terreo para os efectos de poxa, cantidades que se devolverán, unha vez aprobado o remate, a aqueles que participen nela, agás ao mellor ofertante, salvo que soliciten o seu mantemento á disposición do órgano xudicial, para o caso en que o rematante non consignase o resto do prezo, debendo consignar, así mesmo, no dito xustificante se, de ser o caso, as cantidades ingresadas pertencen en todo ou en parte a un terceiro, identificándoo adecuadamente.

Poderán realizarse ofertas por escrito desde o anuncio da poxa ata a súa realización.

E, en cumprimento do acordado, expido este edicto.

Lugo, 27 de abril de 2012.

O secretario xudicial