Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19480

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (117/2010).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número 1, fai saber que, en virtude do acordado na execución de títulos xudiciais 117/2010, por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e Mutua Patronal de Accidentes de Trabajo contra Luis Pontón Rigueiro, por un principal de 5.076,29 euros, máis 1.260 euros provisionalmente calculados para custas e xuros, mediante este edicto anúnciase a venda en poxa pública, por termo de vinte días, dos seguintes predios:

1. Predio catastral 2705A036002240000JM, da provincia de Lugo, municipio de Sarria, situada no polígono 36, parcela 224, Alboiro-Sarria (Lugo), superficie 7.045 m2. Valorada en 10.567,50 euros.

2. Referencia catastral número 27057A036002330000JI, provincia de Lugo, municipio de Sarria, situada no polígono 36, parcela 233, Condes-Sarria, Lugo, superficie 17.297 m2. Valorada en 30.269,75 euros.

3. Referencia catastral número 27057A0360002450000JB, provincia de Lugo, municipio de Sarria, situada no polígono 36, parcela 245, A Canda-Sarria, Lugo, superficie 5.027 m2. Valorada en 8.797,25 euros.

4. Referencia catastral número 27057A036004160000JO, provincia de Lugo, municipio de Sarria, situada no polígono 36, parcela 416, A Chanca-Sarria, Lugo, superficie 4.404 m2. Valorada en 6.606 euros.

5. Referencia catastral número 27057A036004190000JD, provincia de Lugo, municipio de Sarria, situada no polígono 36, parcela 419, A Chanca-Sarria, Lugo, superficie 7.928 m2. Valorada en 11.099,20 euros.

6. Referencia catastral número 27057A036004260000JE, provincia de Lugo, municipio de Sarria, situada no polígono 36, parcela 426, A Chanca de Fóra-Sarria, superficie 18.586 m2. Valorada en 22.302 euros.

7. Referencia catastral número 27057A036004400000JY, provincia de Lugo, municipio de Sarria, situado no polígono 36, parcela 440, Pequeno Cadaval-Sarria, superficie 15.984 m2. Valorada en 19.180,80 euros.

8. Referencia catastral número 27057A036005010000JB, provincia de Lugo, municipio de Sarria, situado no polígono 36, parcela 501, Bouzallos-Sarria, superficie 13.9972 m2. Valorada en 18.163,60 euros.

A poxa terá lugar o día 12.7.2012, ás 10.00 horas, na sala de audiencias da oficina xudicial, sita na r/ Armando Durán, 1-4.º, 27071 Lugo.

A situación posesoria do inmoble é a seguinte:

A certificación rexistral e, de ser o caso, a titulación sobre o inmoble ou inmobles que se poxan, estarán de manifesto na oficina xudicial, sede do órgano de execución e nos lugares públicos de costume ata a data de realización da poxa, e publicarase no Diario Oficial de Galicia. Todo licitador acepta como suficiente a titulación existente ou que non existen títulos, que as cargas e gravames, se os houber, ao crédito do demandante continuarán subsistindo e que, polo único feito de participar na poxa, o licitador os admite e acepta quedar subrogado na responsabilidade derivada daqueles se o remate se adxudicar ao seu favor.

Para tomar parte na poxa, os ofertantes deberán depositar, previamente, na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, aberta na entidade Banesto, oficina principal de Lugo, e con número de conta 2322 0000 64 0117 10, o 30% do valor do predio para os efectos de poxa, cantidades que se devolverán, unha vez aprobado o remate, a aqueles que participen nela, agás ao mellor ofertante, salvo que soliciten o seu mantemento á disposición do órgano xudicial, para o caso en que o rematante non consignase o resto do prezo, debendo consignar, así mesmo, no dito xustificante se, de ser o caso, as cantidades ingresadas pertencen en todo ou en parte a un terceiro, identificándoo adecuadamente.

Poderán realizarse ofertas por escrito desde o anuncio da poxa ata a súa realización. Tamén se poderá realizar poxa electrónica no enderezo...

E, en cumprimento do acordado, expido este edicto.

Lugo, 30 de abril de 2012.

O secretario xudicial