Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19482

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (687/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria do Social número 3 da Coruña (reforzo).

Fago saber que nos autos rexistrados co número 687/2009 se ditou a resolución cuxo encabezamento e decisión son os seguintes:

«Sentenza.

A Coruña, 30 de abril de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre recoñecemento de dereito (determinación de continxencia) 687/2009, sendo demandantes Luis Trujillo Pérez e Josefa Pazos Carreño, asistidos pola letrada Sra. Orjales Mariño, e demandados o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), coa representación da letrada da Administración da Seguridade Social Sra. Guerra Díaz, mutua Fremap, coa representación do letrado Sr. Ojea Carballeira, e a empresa Delgado Rey, S.L.

Dispoño:

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por parte de Luis Trujillo Pérez e Josefa Pazos Carreño asistidos contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), contra a mutua Fremap, e contra a empresa Delgado Rey, S.L., e, en consecuencia, absolvo as entidades demandadas de cantas pretensións se exercitaran na súa contra en méritos do presente procedemento.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Delgado Rey, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 2 de maio de 2012.

A secretaria xudicial