Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19484

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1216/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 1216/2009 se ditou a resolución cuxo encabezamento e decisión son os seguintes:

«Sentenza.

A Coruña, 30 de abril de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre prestación de desemprego 1216/2009, sendo demandante María del Carmen Corral Platas, asistida polo letrado Sr. Pousa Merens, e demandados o Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE), coa representación da letrada do Estado Sra. Prosper Montalvo, e a empresa K´Amisas, S.L.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de María del Carmen Corral Platas contra o Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE) e contra a empresa K´Amisas, S.L., e, en consecuencia, declaro o dereito daquela de percibir a prestación de desemprego recoñecida conforme a base reguladora diaria de 37,42 euros, con efectos desde o 10 de febreiro de 2009, e condeno o Servizo Público de Emprego Estatal ao anticipo do seu aboamento, sen prexuízo do seu dereito de reintegro con cargo á empresa K´Amisas, a cal é responsable, por infracotización, pola diferenza entre a base reguladora fixada e a recoñecida a través da presente sentenza.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a K’Amisas, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial da Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 3 de maio de 2012.

A secretaria xudicial