Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19486

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1285/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 1285/2009 se ditou a resolución cuxo encabezamento e resolución é o que segue:

«Sentenza.

A Coruña, 30 de abril de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre recarga de prestacións 1285/2009, sendo demandante Manuel Antonio Iglesias del Río, asistido pola letrada Sra. Garrido Fernández, e demandados o Instituto Nacional da Seguridade Social, coa representación da letrada da Administración da Seguridade Social Sra. Guerra Díaz, a empresa Malga, S.L., coa representación do letrado Sr. Rodríguez Mallo, a empresa Montelnor, S.Coop.L., que comparece a través de Alberto González Fariñas, representado pola letrada Sra. Rodríguez Vázquez, a empresa Telefónica de España, S.A.U., coa representación do letrado Sr. Castro Díaz, a empresa Gas Natural, SDG (antes Unión Fenosa, S.A.), coa representación do letrado Sr. Zarate Salas, e finalmente, a empresa Brues y Fernández Construcciones, S.A.

Dispoño que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Manuel Antonio Iglesias del Río contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, contra a empresa Malga, S.L., contra a empresa Montelnor, S.Coop.L., contra a empresa Telefónica de España, S.A.U. e, finalmente, a empresa Brues y Fernández Construcciones, S.A., e, en consecuencia, absolvo as entidades demandadas de cantas pretensións se exerceron na súa contra en méritos deste procedemento.

Do mesmo xeito, debo absolver e absolvo a empresa Gas Natural SDG (antes Unión Fenosa, S.A.) de cantas pretensións se exerceron na súa contra, por estimación da excepción de falta de lexitimación pasiva dela neste procedemento.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Brues y Fernández Construcciones, S.A., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 3 de maio de 2012.

A secretaria xudicial