Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19488

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1112/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña fago saber que nos autos rexistrados co número 1112/2009 se ditou a resolución cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 27 de abril de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre revisión de incapacidade 1112/2009, sendo demandante Dosinda Cameán Muíño, asistida polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, e demandados o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), coa representación da letrada da Administración da Seguridade Social Sra. Guerra Díaz, a mutua de accidentes de traballo Mugenat, coa representación da letrada Sra. Peláez Sabell, e a empresa Servicios a la Industria Maderera, S.A.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Dosinda Cameán Muíño contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), contra a mutua de accidentes de traballo Mugenat e, en consecuencia, declaro a Dosinda Cameán Muíño afecta de incapacidade permanente absoluta derivada de enfermidade común, con dereito a percibir unha prestación do 100% da súa base reguladora de 372,77 euros mensuais con efectos do 22 de xuño de 2009, con cargo á mutua de accidentes de traballo Mugenat, na porcentaxe do 75%, e con cargo ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), na porcentaxe do 25%, e iso coas melloras e as revalorizacións que legal e regulamentariamente procedan.

Do mesmo xeito, debo absolver e absolvo a empresa Servicios a la Industria Maderera, S.A. de cantas pretensións se exercitaran contra esta en méritos do presente procedemento.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que lle sirva de notificación á empresa Servicios a la Industria Maderera, S.A., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 3 de maio de 2012.

A secretaria xudicial