Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2012 Páx. 19269

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (28/2012).

N.º de autos: despido objetivo individual 28/2012.

Demandante: Ana María Fernández Puga.

Avogado: José Nogueira Esmoris.

Demandado: Concret Impress, S.L.

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 28/2012 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Ana María Fernández Puga contra a empresa Concret Impress, S.L. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Na cidade da Coruña, vinte e cinco de abril de dous mil doce.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 do Xulgado e localidade ou provincia A Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento entre partes, dunha e como demandante Ana María Fernández Puga, e comparece no seu nome e representación o letrado José Nogueira Esmoris e doutra como demandado Concret Impress, S.L., que non comparece malia estar citado en legal forma.

Decisión:

1.º Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Ana María Fernández Puga fronte á empresa Concret Impress, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo iso con aboamento, calquera que fose a súa opción, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación da presente sentenza.

A dita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2.º A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: 29.693,25 euros € (vinte e nove mil seiscentos noventa e tres con vinte e cinco céntimos de euro).

– En concepto de salarios de trámite, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 43,99 €/día, e que ata a data da presente sentenza ascenden a 6.467,12 euros.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado, co número 1533 0000 36 0028 12, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.0028.12 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, encontrándose realizando audiencia pública no día da data, do cal dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Concret Impress, S.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 2 de maio de 2012.

O secretario xudicial