Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2012 Páx. 19268

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1142/2011).

O/a secretario/a xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1142/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María de los Ángeles Lago Pequeño contra a empresa Sabino Martínez Espasinde, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que, estimando substancialmente a demanda interposta por María de los Ángeles Lago Pequeño, con DNI 79321004F contra a empresa Martínez Espasinde Sabino, debo declarar e declaro que esta procede, e condeno a entidade demandada a que lle aboe á demandante a suma de 9.728,5 euros, máis o xuro por mora do 10%.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531-60) na conta deste xulgado aberta en Banesto podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 1531-34) a consignación da suma de 300 euros preceptiva para interpoñer recurso, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Sabino Martínez Espasinde, en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de abril de 2012.

O/a secretario/a xudicial