Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2012 Páx. 19266

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1282/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1282/2011 deste xulgado do social, seguido a instancia de María Cristina Añón Rial contra a empresa Veirilo y Asociados, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é:

«Fallo que debo aceptar e acepto a pretensión subsidiaria da demanda formulada por María Cristina Añón Rial, con DNI 79323678-J, contra a empresa Veirilo y Asociados, S.L., cualifico como improcedente o despedimento do 9.11.2011 e, ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral da demandante coa empresa demandada, con efectos da data de hoxe, día 17.4.2012, condenando a dita empresa a estar e pasar por tal declaración, e a que lle aboe á traballadora as seguintes cantidades:

Indemnización

Salarios de trámite 10.11.2011/17.4.2012

18.137,4 € (277,5 días* 65,36 €)

10.457,6 €

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes, facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ao da súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada, deberá acreditalo mediante a exhibición ante este xulgado do xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531-60) na conta deste xulgado aberta en Banesto, podendo substituír a consignación en metálico pola aseguranza mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 1531-34) a consignación da suma de 300 euros preceptiva para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Veirilo y Asociados, S.L., en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto de comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de abril de 2012.

O secretario xudicial