Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2012 Páx. 19264

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5221/2011).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 5221/2011 JS.

Xulgado de orixe/autos: demanda 1146/2010 Xulgado do Social número 3 da Coruña.

Recorrentes: Virginia López Pensado e Susana López Domínguez.

Recorridos: Fogasa, Fleming Moda, S.L. (antes Aurelio Santas, S.L.), Trinidad Vidueira, S.L., VDR Confec., S.L., VDR Punto, S.L., Trinidad Vidueira Design, S.L., Damián Lucio Juan, Vidrio Orense, S.L., Vidrio Galicia, S.L., Constantino Rodríguez González.

María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 5221/2011 desta sección, RCUD 69/2012 JS, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial María Asunción Barrio Calle.

A Coruña, 30 de abril de 2012.

Únase o anterior escrito, presentado polo letrado David Pena Díaz, en nome e representación de Virginia López Pensado e Susana López Domínguez, á peza separada do recurso de casación para unificación de doutrina. Considérase interposto o recurso de casación para unificación de doutrina e emprázanse as demais partes para compareceren, mediante escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo no prazo de dez días, achegando copias do citado escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da dita sala. Deberán acreditar a representación da parte se non consta previamente nas actuacións.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social de procedencia que se recorreu en casación para unificación de doutrina contra a resolución desta sala.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso. Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao Tribunal Supremo».

E para que así conste, para a notificación e emprazamento de Trinidad Vidueira, S.L., cuxo domicilio se ignora na actualidade, expido e asino esta cédula.

A Coruña, 30 de abril de 2012.

A secretaria xudicial