Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2012 Páx. 19263

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5810/2008).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 5810/2008, RCUD 120/2012 MAY, a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 719/2007 do Xulgado do Social número 1 de Pontevedra, promovidos por Jorge Lorenzo Tato contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Pavimentos Suárez Vibel, S.L., Obras y Vías de Galicia, S.A., sobre recarga de accidente, con data 30.4.2012 ditouse a resolución do seguinte teor literal:

«Dilixencia de ordenación.

Secretaria: María Socorro Bazarra Varela .

A Coruña, 30 de abril de 2012.

O anterior escrito presentado polo letrado Romero Mengotti o 27.4.2012 ante a Oficina de Rexistro e Notificacións do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédese á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta sala, facéndolle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario, e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o designase.

Requírase a recorrente para que achegue no momento de interposición do recurso certificación da/s sentenza/s que invoca con expresión da súa firmeza.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso, sen prexuízo de que a parte recorrida se poida opor á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Obras y Vías de Galicia, S.A., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 30 de abril de 2012.

A secretaria xudicial