Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2012 Páx. 19261

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2103/2011).

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación número 2103/2011 desta sección, seguido por instancia de "Ver PDF" contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a empresa Luis García Rodellino e a Mutua Intercomarcal, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social n.º 39, sobre incapacidade temporal, se ditou a resolución, coa seguinte parte dispositiva:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación formulado por "Ver PDF" contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 da Coruña, con data do 20 de decembro de 2010, debemos confirmar integramente a resolución contra a cal se recorreu.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei da xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

O depósito de 600 euros na conta desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto de autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Luis García Rodellino, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de abril de 2012.

O secretario xudicial