Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2012 Páx. 19259

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (515/2012).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 515/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 829/2011 Xulgado do Social número 4 de Pontevedra.

Recorrente: Peregrina Castro Meis.

Avogada: Ana María Núñez Fernández.

Procuradora: María Irene Cabrera Rodríguez.

Recorridos: Fogasa, Mariscos La Marina, S.L. e Conservas Daporta, S.L.

Avogada: Rosana Varela Eimil.

Procurador: Javier Bejerano Fernández.

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 515/2012 -RF– desta sección, seguido por instancia de Peregrina Castro Meis contra o Fogasa, Mariscos La Marina, S.L., Conservas Daporta, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a resolución coa seguinte parte dispositiva:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación formulado por Peregrina Castro Meis contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, con data do 7 de novembro de 2011, nos autos 829/2011, instados por aquela fronte ás empresas Mariscos La Marina, S.L. e Conservas Daporta, S.L., con intervención do Fogasa, sobre despedimento, confirmamos a resolución de instancia.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez (10) días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, agás no suposto de autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste e lle sirva de notificación en legal forma á empresa Mariscos La Marina, S.L., con último domicilio en Corvillón, 90, Cambados, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 27 de abril de 2012.

O secretario xudicial