Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2012 Páx. 19257

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5140/2008).

Sala do Social: secretaria M. Asunción Barrio Calle.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 5140/2008 JS.

Materia: reintegro de prestacións.

Recorrente: Mutua Gallega de Accidentes de Traballo.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Pedro López Bergantiños.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 3 de Lugo. Demanda 177/2008.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 5140/2008 JS a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos número 177/2008 do Xulgado do Social número 3 de Lugo, promovidos por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e Pedro López Bergantiños, sobre reintegro de prestacións, con data do 25 de abril de 2012 se ditou a resolución coa seguinte parte dispositiva:

«Resolvemos que estimamos o recurso de suplicación interposto por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a sentenza ditada o 14 de xullo de 2008 polo Xulgado do Social número 3 de Lugo, nos autos 177/2008, sobre reintegro de prestacións, contra a empresa Pedro López Bergantiños, Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, con revogación da dita resolución, acollemos a demanda reitora dos autos e, en consecuencia, condenamos o demandado a que lle aboe á demandante a suma de 645,68 euros por gastos e prestación aboada a José Manuel Sixto Casanova, a suma de 107,84 euros por prestación aboada a Manuel López Bergantiños e 676,31 euros pola prestación aboada a Luis Carlos García Salgueiro, con responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social e da Tesouraría Xeral da Seguridade Social para o caso de insolvencia da dita empregadora, a quen se condena ao aboamento da suma de 102,08 euros pola asistencia prestada por enfermidade común de Manuel Sixto Casanova.

En canto aos depósitos e custas, obsérvese o razoado.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez (10) días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano)».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Pedro López Bergantiños, con último domicilio coñecido en Lugo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de abril de 2012.

A secretaria xudicial