Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2012 Páx. 19255

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3253/2008).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 3253/2008 JS a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos número 11/2008 do Xulgado do Social número 4 de Vigo, promovidos por Mutual Cyclops contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde, Eulen, S.A, María Begoña González Moreno, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre accidente, con data do 13 de abril de 2012 se ditou a resolución coa seguinte parte dispositiva:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación da mutua Mutual Midat Cyclops contra a sentenza do 16 de abril de 2008, ditada polo Xulgado do Social número 4 dos de Vigo, nos autos n.º 11/08, instados a instancia da Mutua Midat Cyclops contra o INSS, a TXSS, o Sergas e Begoña González Moreno, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia. En canto aos honorarios, depósitos e consignacións, obsérvese o razoado.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Eulen, S.A., con último domicilio coñecido en Vigo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 24 de abril de 2012.

O/a secretario/a xudicial