Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2012 Páx. 19229

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario deste organismo.

Coa finalidade de garantir o dereito á mobilidade voluntaria do persoal estatutario recoñecido no artigo 17 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, pola que se aproba o Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, o artigo 27 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, prevé a convocatoria periódica, preferentemente cada dous anos, dun concurso de traslados no cal poderán participar os profesionais que tomasen posesión na praza desempeñada cun ano de antelación, como mínimo, á finalización do prazo de presentación de instancias.

O último proceso de selección de persoal estatutario fixo no ámbito do Servizo Galego de Saúde iniciouse co Decreto 199/2008, do 28 de agosto, polo que se aprobou a oferta de emprego público correspondente ás categorías de persoal estatutario licenciado sanitario, seguido do Decreto 25/2009, do 12 de febreiro, que aproba a oferta de emprego público dos restantes colectivos, sendo as categorías de facultativo especialista de área e médico de urxencias hospitalarias as primeiras en finalizar a súa selección e incorporarse aos destinos adxudicados.

Transcorrido un ano desde esta última data, prazo que habilita as persoas aspirantes seleccionadas para participar no próximo procedemento de mobilidade voluntaria que convoque o organismo e tendo sido convocado o último concurso de traslados para a provisión de prazas básicas de persoal licenciado sanitario o 10 de febreiro de 2010, xa resolto, procede convocar un novo concurso de traslados que posibilite ao persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como ao procedente doutros servizos de saúde, o exercicio do dereito á mobilidade.

Como novidade, e co obxecto de facilitar a participación dos profesionais nel así como simplificar a súa tramitación, a xestión do proceso efectuarase a través da Oficina Virtual do Profesional (FIDES), punto de encontro telemático entre o Servizo Galego de Saúde e os profesionais e persoas aspirantes que participen nos procesos de selección e provisión de prazas convocados por este organismo, de forma tal que a formalización das instancias de participación e o rexistro dos requisitos e méritos das persoas que soliciten participar a efectuarán elas telematicamente.

En virtude do exposto, esta Administración, logo de negociación coa representación sindical no seo da mesa sectorial de negociación e en uso das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.

Publicar a convocatoria do concurso de traslados para a provisión das prazas básicas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde das categorías/especialidades relacionadas no anexo III desta resolución, así como aprobar as bases e o baremo de méritos que rexerán a convocatoria, contidos respectivamente nos anexos I e II desta.

Segundo.

1. Esta convocatoria e as súas bases vinculan a Administración e os que participen nela.

2. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro e artigo 4.a) da Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG n.º 119, do 19 de xuño), ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

3. Así mesmo, cantos actos administrativos sexan ditados na tramitación deste procedemento poderán ser impugnados polas persoas interesadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. Os recursos contencioso-administrativos que se interpoñan contra esta convocatoria ou calquera acto integrante do concurso de traslados serán anunciados no Diario Oficial de Galicia ou, segundo o caso, notificados individualmente a cantos aparezan como interesados, para os efectos do seu emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2012.

Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos Humanos

ANEXO I
Bases

I. Normas xerais.

Primeira.

1.1. Convócanse, para a súa provisión, as prazas básicas vacantes de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde das categorías/especialidades que para cada centro se especifican no anexo III desta resolución.

1.2. O concurso rexerase por estas bases así como polo establecido no artigo 37 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, e os artigos 27 e seguintes do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Segunda.

2.1. A formalización das solicitudes de participación, así como o rexistro dos méritos para a súa posterior valoración, efectuarana as persoas concursantes a través do currículo do profesional habilitado electronicamente (FIDES expedient-e), ao cal se accederá na forma que se indica no anexo V.

2.2. As prazas serán adxudicadas aos concursantes de acordo coa orde de prelación que resulte da aplicación do baremo de méritos que se publica como anexo II desta resolución.

2.3. Serán valorados unicamente os méritos causados polo/a concursante ata o día inmediatamente anterior, inclusive, ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia que consten rexistrados e acreditados na forma e prazo que se indican nestas bases.

2.4. En caso de empate na puntuación final, resolverase a favor do/a concursante que acredite máis tempo traballado como persoal estatutario fixo nas institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde. De persistir o empate resolverase a favor do/a concursante que acade a maior puntuación nas epígrafes de experiencia profesional, formación e outras actividades, segundo esta orde. Por último, decidirá a maior idade.

II. Requisitos de participación.

Terceira. Persoal que poderá participar voluntariamente no concurso de traslados.

Poderá participar voluntariamente no concurso de traslados o seguinte persoal estatutario fixo:

3.1. O persoal estatutario fixo da mesma categoría/especialidade, que estea desempeñando ou teña praza reservada nas institucións sanitarias dos servizos de saúde do Sistema Nacional de Saúde, sempre que tomase posesión da praza estatutaria desempeñada cun ano de antelación, como mínimo, á finalización do prazo de presentación de solicitudes para participar no concurso.

3.2. O persoal estatutario fixo dos servizos de saúde do Sistema Nacional de Saúde en situación distinta á de activo e que non teña reserva de praza da mesma categoría/especialidade, sempre que reúna os requisitos legais e regulamentarios para incorporarse ao servizo activo o último día do prazo de presentación de solicitudes para participar no concurso.

Cuarta. Persoal que deberá participar obrigatoriamente no concurso de traslados.

4.1. Terá a obriga de participar no concurso de traslados o persoal estatutario fixo que estea en situación de reingreso provisional ao servizo activo no Servizo Galego de Saúde, que deberá solicitar necesariamente, por orde de preferencia, todas as prazas da súa categoría/especialidade convocadas na área sanitaria a que pertenza a praza que desempeña con carácter provisional.

4.2. O/a reingresado/a provisional que non obteña praza definitiva no concurso que se convoque, solicitando todas as da súa categoría/especialidade convocadas na área sanitaria de pertenza, poderá optar por obter un novo destino provisional nalgunha das prazas que resulten vacantes como consecuencia da resolución deste concurso ou pasar á situación de excedencia voluntaria.

4.3. O reingresado provisional que non participe no concurso ou non obteña praza e non solicitase todas as da súa categoría/especialidade, convocadas na área sanitaria de pertenza, será declarado de oficio en situación de excedencia voluntaria.

Quinta. Capacidade funcional.

5.1. A persoa interesada deberá reunir a capacidade funcional necesaria para atender as funcións propias do posto a que concursa con suxeición ao réxime organizativo da prestación laboral que este teña asignado. A acreditación de tal requisito efectuarase mediante declaración asinada polo profesional no formulario de solicitude.

5.2. O persoal estatutario que participe no concurso de traslados e teña recoñecida unha discapacidade que requira de adaptación, deberá facelo constar na instancia de participación achegando xunto con ela certificado de discapacidade, ditame técnico facultativo da limitación que posúe, así como a/s adaptación/s que require.

5.3. O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde que participe no concurso de traslados e tivese adaptado o posto ou condicións de traballo da praza de orixe por razón de protección da saúde consonte o procedemento establecido na Orde do 16 de setembro de 2008 (DOG n.º 189, do 30 de setembro) e requira manter esa adaptación no/s destino/s solicitado/s, deberá facelo constar na instancia de participación achegando xunto con ela a resolución da xerencia respectiva pola que se autorizou esa adaptación.

5.4. Unha comisión técnica especializada que se constituirá para o efecto no Servizo Galego de Saúde, e cuxa composición se publicará na páxina web do organismo, valorará as solicitudes dos/as concursantes que teñan manifestado algunha limitación que requira de adaptación, co obxecto de acreditar a procedencia ou non da adaptación requirida e a compatibilidade co desempeño do/s posto/s solicitado/s. Instruído o procedemento e previamente á emisión da resolución que proceda, darase trámite de audiencia á persoa interesada.

A incompatibilidade da/s limitación/s e/ou adaptación/s requirida/s coas funcións propias do posto que se asignará suporá a perda do dereito á adxudicación de tal posto de destino.

5.5. Os efectos da declaración sobre capacidade funcional estenderanse ata a toma de posesión na praza adxudicada. Calquera modificación na capacidade funcional que sobreveña durante a tramitación do concurso deberá ser comunicada á Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde achegando a documentación que acredite esa modificación.

As modificacións na capacidade funcional que requiran da realización dalgunha adaptación no/s posto/s solicitado/s serán valorados pola comisión técnica prevista na base 5.4.

III. Procedemento.

Sexta. Solicitudes de participación no concurso.

6.1. Cada concursante deberá cubrir unha única solicitude de participación por categoría/especialidade, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (FIDES/expedient-e/Sección de Procesos), á que se accederá seguindo as instrucións que se establecen no anexo V, e que logo de formalizada electronicamente deberá imprimir e presentar nos lugares e prazo indicados na base sétima e oitava, respectivamente.

6.2. Os/as participantes poderán solicitar, por orde de preferencia, todas as prazas que consideren convenientes, tanto das ofertadas no anexo III de cada resolución de convocatoria como daqueloutras non ofertadas indicadas no anexo IV.

6.3. A solicitude de praza nun centro ou complexo hospitalario supón a petición da totalidade das prazas convocadas neste do anexo III, así como as que queden vacantes no dito centro como consecuencia da resolución do concurso e, polo tanto, sexan susceptibles de ser adxudicadas en resultas.

6.4. Non se admitirán as solicitudes que conteñan algunha emenda, marca ou riscadura no formulario de participación e petición de prazas, así como en calquera dos documentos acreditativos do cumprimento dos requisitos de participación.

6.5. As renuncias á participación no concurso así como as modificacións que, con carácter excepcional lle resulte necesario efectuar ao/á concursante nalgún dos datos contidos na solicitude de participación impresa efectuaranse mediante escrito dirixido á mesma unidade de validación a que se dirixa a instancia de participación e en que se indicará con claridade a modificación que se pretende. Tal solicitude de renuncia/modificación deberá presentarse, xunto coa instancia a que modifica ou copia desta, a través do procedemento e prazo previstos na cláusula sétima e oitava.

6.6. Transcorrido o prazo para a presentación de solicitudes, non se admitirán as modificacións das solicitudes previamente presentadas nin as renuncias á participación no concurso. Así mesmo, non se admitirá a presentación de novos documentos.

Sétima. Lugar de presentación.

As solicitudes de participación no concurso dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de solicitude e deberán ser presentadas nas unidades de rexistro dos centros que se relacionan a continuación ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e demais lugares previstos no artigo 10 do Decreto 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia:

a) Na Consellería de Sanidade.

b) Nas xefaturas territoriais de sanidade dos departamentos territoriais da Xunta de Galicia.

c) Nas direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde.

d) Nas xerencias de área integrada, centros ou complexos hospitalarios e xerencias de atención primaria do Servizo Galego de Saúde.

Oitava. Prazo de presentación.

O prazo para a presentación das solicitudes de participación no concurso será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Novena. Efectos derivados da solicitude de participación no concurso.

9.1. A solicitude de participación no concurso de traslados formalmente presentada será vinculante para o peticionario e o destino adxudicado será irrenunciable agás que a renuncia estea motivada pola obtención de praza en virtude da resolución dun procedemento de mobilidade voluntaria convocado por outra Administración pública ou servizo de saúde.

9.2. A falsidade na acreditación documental de calquera mérito ou requisito así como a participación no procedemento en fraude de lei determinará a exclusión do profesional da participación no concurso, logo de resolución motivada do órgano convocante, sen prexuízo das demais responsabilidades que procedan.

Décima. Acreditación de requisitos e méritos.

10.1. Requisitos de participación no concurso.

1. Os requisitos de participación neste concurso deberán reunirse dentro do prazo de presentación de solicitudes e manterse durante a tramitación do procedemento ata a toma de posesión do destino adxudicado.

2. O persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde que solicite participar no concurso de traslados non terá que rexistrar electronicamente no formulario de inscrición o cumprimento dos requisitos de participación fixados na cláusula terceira e cuarta das presentes bases, que aparecerán cubertos no formulario. Así mesmo, non terá que presentar ningunha documentación acreditativa do cumprimento de tales requisitos agás que participe desde a situación de excedencia por prestación de servizos no sector público, suposto en que deberá achegar xunto coa solicitude de participación unha copia compulsada da resolución pola que se autorizou tal excedencia.

3. O persoal estatutario fixo procedente doutro servizo de saúde que solicite participar no procedemento deberá rexistrar electronicamente no formulario de inscrición os requisitos de admisibilidade establecidos na cláusula terceira e cuarta e acreditar o seu cumprimento mediante a presentación, xunto coa solicitude de participación, da seguinte documentación:

– Para o persoal que participe desde a situación de activo:

- Copia compulsada do nomeamento como persoal estatutario fixo na categoría/especialidade desde a cal concursa.

- Copia compulsada da dilixencia de toma de posesión no último destino definitivo obtido ou, de ser o caso, resolución de reingreso provisional.

- Certificación orixinal de servizos prestados expedida pola Unidade de Recursos Humanos do centro en que actualmente presta os seus servizos con carácter definitivo.

Consonte se indica na base 10.3, o/a concursante deberá proceder, ademais, a rexistrar no seu expediente electrónico o período de servizos acreditado na dita certificación para que poida ser tido en conta como mérito para valorar na fase de baremación.

– Para o persoal que participe desde unha situación distinta á de activo:

- Copia compulsada da resolución pola que se declara a situación administrativa desde a cal concursa.

4. A falta de acreditación pola persoa interesada do cumprimento dos requisitos de admisibilidade determinará a súa exclusión do proceso de provisión.

10.2. Méritos.

Os méritos, recollidos no anexo II, valoraranse con referencia ao día inmediatamente anterior, inclusive, ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Tales méritos deberán estar debidamente rexistrados no sistema informático expedient-e e acreditados documentalmente pola persoa interesada na data límite de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Non será obxecto de valoración neste concurso de traslados ningún mérito inserido no sistema informático e/ou acreditado polo/a concursante con posterioridade ao remate do prazo de presentación de instancias.

10.3. Procedemento de rexistro electrónico e acreditación de méritos.

Para o rexistro electrónico e acreditación dos méritos, os participantes no concurso deberán proceder da seguinte forma:

Os concursantes accederán a través de FIDES ao expediente electrónico do profesional segundo se indica no anexo V destas bases e comprobarán os datos do seu currículo baremables no dito procedemento de provisión que constan rexistrados na aplicación informática, así como o seu estado.

Se non consta ningunha información ou está incompleta, o profesional rexistrará no sistema os méritos que posúe para os efectos da súa valoración no concurso, ata o último día do prazo de presentación de solicitudes, inclusive. Logo de rexistrados, deberá imprimir a solicitude de validación, que estará dispoñible na aplicación informática na epígrafe de «informe».

A solicitude de validación dirixirase a unha das unidades de validación relacionadas no formulario de solicitude e poderá presentarse ata o último día do prazo de presentación de instancias en rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos que se indican na norma sétima.

Xunto coa solicitude de validación, o/a concursante deberá achegar a documentación acreditativa dos méritos que figuren pendentes de validación. Só se admitirá como medio de acreditación orixinais ou copias compulsadas coas seguintes particularidades respecto da acreditación dos méritos relativos á actividade investigadora:

– Revistas científicas indexadas en PubMed. Non será necesaria a súa acreditación documental. A/o concursante consignará na aplicación informática, no espazo habilitado para o efecto, o código de identificación PMID e rexistrará manualmente a información relativa a número de sinaturas, número de orde de firmas e tipo de publicación. O sistema realizará a captura automática da información relativa aos outros campos da base de datos de PubMed para a súa posterior validación.

– Revistas científicas indexadas no CSIC (IME, ICYT, ISOC), Web of Knowledge (Wok), Embase, PsycINFO. Acreditarase tal mérito mediante certificación ou copia impresa autenticada pola editorial responsable ou organismo público con competencias en xestión e arquivo de publicacións. Na certificación ou copia impresa deberá constar o nome da revista, o título do traballo, o seu autor e a data de publicación.

– Libros editados en papel. Será suficiente achegar copia compulsada das follas en que conste o título do libro, o título do capítulo, o autor, o seu depósito legal e/ou ISBN e a data de publicación.

– Libros editados en formato electrónico. Acreditarase tal mérito mediante certificación ou copia impresa autenticada pola editorial ou organismo público con competencias de xestión e arquivo de publicacións, en que se fará constar a autoría do capítulo e demais datos bibliográficos básicos que identifiquen a obra e/ou capítulo (autores, data de publicación, edición, ano, URL e data de consulta e acceso).

Deberá presentarse copia traducida por tradutor xurado daqueles títulos ou certificacións que estean redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español.

Aqueles concursantes que, con anterioridade á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia solicitasen, mediante a achega da documentación correspondente, a validación dalgún mérito previamente rexistrado no expediente electrónico e que se atope pendente de validar ou catalogar pola Administración, non terán que presentar novamente a documentación acreditativa de tal/es mérito/s.

Aqueles concursantes que, con anterioridade á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia rexistrasen no sistema informático os seus méritos,que figuran como pendentes de validar sen que se achegase a documentación correspondente, deberán solicitar a súa validación e acreditar documentalmente a súa posesión dentro do prazo de presentación de instancias para que poidan ser, se é o caso, valorados no dito procedemento.

Se con posterioridade á presentación da solicitude de validación de méritos e dentro do prazo de presentación de instancias, o/a concursante rexistra na aplicación informática un novo mérito baremable, deberá imprimir unha nova solicitude de validación que presentará, dentro do dito prazo, en rexistro ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Xunto coa solicitude deberá achegar a documentación acreditativa do/s novo/s mérito/s inserido/s.

O/a concursante non deberá presentar ningunha documentación acreditativa de méritos que xa consten validados na aplicación informática. Non obstante, a Administración poderá requirir, en calquera momento, a achega de documentación complementaria acreditativa de calquera requisito ou mérito aínda que conste validado.

10.4. Avaliación de méritos.

Para proceder á avaliación dos méritos presentados polos/as concursantes, constituirase unha comisión de avaliación designada polo órgano convocante, que estará integrada por persoal do Servizo Galego de Saúde.

Décimo primeira. Relación de persoas admitidas e excluídas e resolución do concurso.

11.1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes e de concorrer algún suposto de exclusión, a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declaran con carácter provisional os/as concursantes admitidos/as e excluidos/as con indicación do motivo da exclusión.

11.2. As persoas excluidas disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución para poder corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.

11.3. A estimación ou desestimación das emendas solicitadas entenderanse implícitas na resolución da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, que se publicará no Diario Oficial de Galicia pola que se declaran, con carácter definitivo, os/as admitidos/as e excluídos/as para participar neste concurso e que fará públicas, así mesmo, as puntuacións e destinos provisionalmente asignados con indicación dos lugares de exposición.

11.4. Os/as concursantes admitidos/as disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, para formular reclamacións contra esa resolución.

11.5. As citadas reclamacións serán rexeitadas ou admitidas na resolución definitiva que aprobará a autoridade convocante e que se publicará na mesma forma en que foi publicada a convocatoria do concurso. Esta publicación servirá de notificación aos/ás interesados/as.

Décimo segunda. Efectos derivados da resolución do concurso.

12.1. Cesamento. Os/as concursantes que obteñan praza deberán cesar na que, de ser o caso, desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución definitiva. A Dirección de Recursos Humanos, por necesidades do servizo debidamente acreditadas, e logo de informe dos centros afectados, poderá ampliar o prazo de cesamento ata un máximo de tres meses.

No suposto de que a persoa interesada se encontre desfrutando de permiso, licenza ou en situación de incapacidade temporal ou maternidade, o cesamento e prazos de toma de posesión quedarán diferidos ata que a persoa interesada se incorpore á súa praza de orixe.

12.2. Toma de posesión. A toma de posesión da nova praza deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e a adxudicada son da mesma área de saúde; no prazo de quince días hábiles se as prazas son de distinta área de saúde dentro do Servizo Galego de Saúde ou no prazo dun mes se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos. Non disporán de ningún dos prazos posesorios sinalados aqueles/as adxudicatarios/as de praza no concurso que xa viñesen ocupando praza con carácter definitivo no mesmo centro de destino ou en virtude de comisión de servizos ou reingreso provisional.

12.3. No caso de que a adxudicación da praza supoña o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución definitiva do concurso.

12.4. O prazo de cesamento iniciarase cando finalice o permiso ou licenza que, de ser o caso, lle fose concedido ao/á interesado/a, agás que por causas xustificadas se acorde suspender o seu desfrute.

12.5. Se así o permiten as necesidades do servizo e por petición do/a interesado/a, o prazo de toma de posesión poderá ser prorrogado pola Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

12.6. O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde que non se incorpore ao destino obtido en concurso de traslados dentro do prazo establecido ou, se é o caso, da prórroga concedida, entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular como persoal estatutario, e será declarado en tal situación pola Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

Non obstante, se existen causas suficientemente xustificadas, así apreciadas, logo de audiencia do interesado, a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá deixar sen efecto a dita situación. En tal caso, a persoa interesada deberá incorporarse ao seu novo destino tan pronto desaparezan as causas que no seu momento o impediron.

No suposto de persoal estatutario doutro servizo de saúde que, tendo participado no concurso de traslados convocado, non se incorpore ao destino obtido dentro do prazo establecido ou, se é o caso, da prórroga concedida, a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde comunicará tal incidencia ao servizo de saúde de orixe do profesional, para os efectos do previsto no artigo 37.5 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde.

12.7. Procederá a prórroga do prazo de toma de posesión, ata a data do cesamento, para o persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde que desempeñe algún dos postos obxecto de provisión de conformidade cos capítulos VI e VII do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Non procederá esa prórroga nos supostos provistos por concurso de méritos a que se refire o artigo 50 do dito decreto.

12.8. Agás cando a resolución do concurso implique o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión e, de ser o caso, a prórroga deste, terá a consideración de servizo activo, e percibiranse os correspondentes haberes conforme as normas establecidas na orde vixente pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas de persoal ao servizo da Administración autonómica.

12.9. Se durante a tramitación do concurso de traslados se convoca un proceso de selección de persoal estatutario fixo, os prazos de cesamento e toma de posesión derivados do concurso poderán ser demorados para procurar a simultaneidade das tomas de posesión de ambos procesos.

Décimo terceira. Normas derradeiras.

De conformidade co establecido no artigo 23.2 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras de Galicia, serán gratuitas todas as compulsas e certificacións que expidan os distintos centros de gasto do Servizo Galego de Saúde ao persoal estatutario fixo que participe no concurso.

Os traslados que deriven da resolución deste concurso teñen a consideración de voluntarios; en consecuencia, non xerarán dereito a indemnización.

ANEXO II
Baremo de méritos (210 puntos)

1. Experiencia profesional: (ata un máximo de 170 puntos).

1. Servizos prestados con vínculo fixo:

1.1. Por cada mes completo de servizos prestados con vínculo fixo na categoría/especialidade en que se concursa por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias do sistema sanitario público dun país da Unión Europea: 0,50 puntos/mes.

1.2. Por cada mes completo de servizos prestados con vínculo fixo noutra categoría/especialidade por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias do sistema sanitario público dun país da Unión Europea: 0,20 puntos/mes.

2. Servizos prestados con vínculo temporal (ata un máximo de 34 puntos).

2.1. Por cada mes completo de servizos prestados con vínculo temporal na categoría/especialidade en que se concursa por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias do sistema sanitario público dun país da Unión Europea: 0,20 puntos/mes.

2.2. Por cada mes completo de servizos prestados con vínculo temporal noutra categoría/especialidade por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias do sistema sanitario público dun país da Unión Europea: 0,10 puntos/mes.

Os meses serán computados por días naturais.

Salvo para os nomeamentos de atención continuada ou gardas en urxencias extrahospitalarias, o cómputo dos servizos prestados efectuarase por meses. Para iso calcularase en cada epígrafe do baremo o número total de días e dividirase entre 30, de tal maneira que o que se valorará en cada epígrafe será o cociente enteiro, desprezándose os decimais.

En ningún caso a suma dos servizos prestados con distintos nomeamentos dentro do mesmo mes natural se poderá valorar por enriba da puntuación establecida para o dito período dun mes.

En ningún caso, un mesmo período de servizos prestados poderá ser obxecto de valoración en distintas epígrafes do baremo. De igual forma, un mesmo período de tempo de servizos prestados non poderá ser obxecto de valoración en máis dunha categoría/especialidade, ou en varios servizos ou unidades, tanto deste como de diferente centro.

Os servizos prestados con nomeamento de atención continuada ou gardas en urxencias extrahospitalarias computaranse co criterio de equivalencia dun mes completo por cada 130 horas traballadas no dito mes, ou a parte proporcional que corresponda á fracción. Se dentro dun mes natural se realizaron máis de 130 horas, soamente poderá valorarse un mes de servizos prestados, sen que o exceso de horas efectuado poida ser aplicado para o cómputo de servizos prestados noutro mes.

O período de formación para a obtención do título de especialista non poderá ser valorado, en ningún caso, como tempo de servizos prestados.

Os períodos de permiso sen soldo que desfrutase o profesional valoraranse como tempo de servizos efectivamente prestados para os efectos deste baremo.

Os servizos prestados durante o período en que se goce dunha redución de xornada para o coidado de familiares serán valorados como servizos prestados en réxime de xornada completa.

Os servizos prestados polo persoal especificamente nomeado a tempo parcial serán valorados coa conseguinte redución.

2. Coñecemento da lingua galega: (ata un máximo de 10 puntos).

a) Pola acreditación da superación do curso Celga 3, iniciación da lingua galega ou equivalente: 5 puntos.

b) Pola acreditación da superación do curso Celga 4, perfeccionamento da lingua galega ou equivalente: 10 puntos.

No suposto de acreditar máis dun grao de coñecemento da lingua galega, só se computará o superior.

O coñecemento do idioma galego unicamente será obxecto de valoración nesta epígrafe.

Só se lles concederá validez, no que se refire á acreditación do coñecemento do galego, aos cursos, estudos ou titulacións homologados polo órgano competente en materia de política lingüística.

3. Formación: (ata un máximo de 20 puntos).

3.1. Especializada.

a) Por ter completado o período como residente do programa MIR, FIR, BIR, QUIR, PIR ou RHIR (en España ou país da Unión Europea) ou ben ter completado o período de formación como residente nun centro estranxeiro cun programa recoñecido de docencia para posgraduados na especialidade a que se presente e con título validado polo Ministerio de Educación e Ciencia: 5 puntos.

b) Por ter obtido o título da especialidade como consecuencia de acceder, con anterioridade á entrada en vigor do Real decreto 127/1984, do 11 de xaneiro, a unha praza de especialista en formación, convocada por algunha das administracións públicas ou institucións sanitarias concertadas con estas e que acredite ter realizado de forma ininterrompida e baixo un mesmo réxime docente os anos de formación establecidos para a correspondente especialidade, mediante nomeamento ou contrato de bolsa docente expedido pola dita Administración que implique relación profesional retribuída periodicamente con cargo aos seus orzamentos: 5 puntos.

As puntuacións das letras a) e b) son excluíntes entre si.

3.2. Continua.

a) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría/especialidade e que estean dirixidos directamente á categoría/especialidade en que se concursa.

b) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Inem, Cruz Vermella, colexios profesionais, organizacións sindicais ou avalados polo Servizo Galego de Saúde ou por calquera organismo público, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría/especialidade e que estean dirixidos directamente á categoría/especialidade en que se concursa.

c) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación continuada realizados en aplicación dos acordos de formación continuada das administracións públicas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría e, de ser o caso, especialidade e que estean dirixidos directamente á categoría ou especialidade en que se concursa.

d) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento acreditados conforme ao European Credit Transfer System (ECTS), sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría/especialidade e que estean dirixidos directamente á categoría/especialidade en que se concursa.

– Por crédito: 0,25 puntos.

– Por hora: 0,025 puntos.

A puntuación que se outorgará aos concursantes que impartisen os ditos cursos será de 0,50 puntos por crédito ou de 0,050 puntos por hora de docencia impartida.

Para o caso de que o certificado indique os créditos e as horas de duración, a valoración realizarase sempre polos créditos que figuren neste.

Non se valorarán os cursos de formación realizados durante o período de especialización que estean incluídos no programa docente da correspondente especialidade.

Os cursos de prevención de riscos, de informática, de xestión clínica, de bioestatística e de metodoloxía da investigación valoraranse en todas as categorías/especialidades e con independencia da data de obtención do título exixido na categoría/especialidade.

Non serán obxecto de valoración os diplomas relativos á realización de xornadas, seminarios, simposios ou similares, sempre que non estean debidamente acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica.

3.3. Grao e posgrao.

– Exame de grao: 0,50 puntos (con sobresaliente ou matrícula de honra 0,50 puntos máis).

– Premio extraordinario: 2 puntos.

– Pola realización de todos os cursos de doutoramento (sistema anterior ao Real decreto 185/1985) ou pola realización do programa de doutoramento ata o nivel de suficiencia investigadora segundo os reais decretos 185/1985 e 778/1998, ou pola obtención do diploma de estudos avanzados (DEA): 8 puntos.

– Título de doutor: 15 puntos.

– Premio extraordinario de doutoramento 1 punto.

4. Outros méritos: (ata un máximo de 10 puntos).

a) Por traballos científicos e de investigación relacionados coa categoría e, se é o caso, especialidade de que se trate, apreciados libremente pola comisión de baremación, conforme os seguintes criterios e táboa de valoración:

a.1) Revistas científicas.

– As publicacións deben pertencer a revistas científicas indexadas no CSIC (IME, ICYT, ISOC), Pubmed, Web of Knowledge (Wok), Embase, PsycINFO. Non serán obxecto de valoración as publicacións realizadas en revistas non indexadas nas bases de datos referidas.

– Só serán baremables as publicacións catalogadas como artigos orixinais, excluíndose editoriais, cartas ou artigos de opinión, notas clínicas, resumos de comunicacións e casos clínicos.

– Os artigos ponderaranse da seguinte forma, conforme o seu factor de impacto do Journal Citation Reports (JCR):

a) Primeiro cuartil da especialidade: 0,30 puntos.

b) Segundo cuartil da especialidade: 0,20 puntos.

c) Terceiro e cuarto cuartil ou revista indexada sen factor de impacto: 0,10 puntos.

a.2) Libros ou capítulos de libros.

– Capítulo de libro: 0,30 puntos.

– Libro completo: 1 punto.

Non se poderán valorar máis de tres capítulos dun libro.

As actas de congresos non terán a consideración de libro para os efectos deste baremo aínda que adopten esta forma de edición. Non serán obxecto de valoración as autoedicións.

a.3) En ningún caso un mesmo contido determinado e obxectivable, publicado baixo diferentes formas (artigo, capítulos, etc.), poderá ser obxecto de máis dunha valoración.

b) Por servizos efectivamente prestados nos hospitais públicos do Servizo Galego de Saúde do Barco, Verín, Burela, Cee e Monforte, caracterizados pola súa distancia e illamento e que sofren especiais dificultades de cobertura: 0,5 puntos por cada ano completo.

c) Coa finalidade de conciliar a vida laboral e familiar outorgaranse 0,5 puntos aos/ás concursantes cando os postos solicitados estean situados no concello onde teña o seu destino definitivo como empregado público o seu cónxuxe ou parella de feito; sempre que a persoa solicitante non teña destino definitivo no concello a que pretenda acceder.

Esta circunstancia acreditarase mediante:

– Certificado de matrimonio ou acreditación de ser parella de feito.

– Certificado expedido pola dirección do centro onde o cónxuxe ou parella de feito presta os seus servizos, acreditando que posúe a condición de empregado público en situación de servizo activo, con indicación da categoría e concello onde teña o seu destino con carácter definitivo.

ANEXO III
Prazas ofertadas por categorías/especialidades

Estrutura organizativa de xestión integrada
da Coruña

Estrutura organizativa de xestión integrada
de Ferrol

Estrutura organizativa de xestión integrada de Santiago

Estrutura organizativa de xestión integrada de Ourense

Estrutura organizativa de xestión integrada de Pontevedra

C.H.U.

A Coruña

H. Virxe da Xunqueira

C.H.U. de Santiago

H. da Barbanza

C.H.

Xeral-Calde

H. da Costa

H.C. de Monforte

C.H. de Ourense

H.C. de Valdeorras

H. de Verín

C.H.U. de Vigo

C.H. de Pontevedra

H. do Salnés

Galaria*, E.P. Servizos Sanitarios, S.A.

Total

Alergoloxía

 

 

1

 

 

1

 

 

 

 

 

 

1

 

 

3

Análises clínicas

2

 

 

2

 

 

 

 

 

 

1

1

1

 

 

7

Anatomía patolóxica

 

 

1

 

 

 

1

 

 

 

 

1

 

 

 

3

Anestesioloxía e reanimación

3

 

2

 

 

 

2

2

2

1

 

1

1

 

 

14

Anxioloxía e cirurxia vascular

 

 

 

1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

Aparello dixestivo

2

1

1

 

 

1

 

 

2

 

 

1

1

 

 

9

Cardioloxía

3

 

 

1

 

 

 

 

 

 

 

1

 

 

 

5

Cirurxía oral e maxilofacial

1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

Cirurxía ortopédica e traumatoloxía

3

 

2

2

 

 

 

 

 

 

 

1

1

1

 

10

Cirurxía pediátrica

 

 

 

 

 

 

 

 

1

 

 

 

 

 

 

1

Cirurxía plástica, estética e reparadora

1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

 

 

 

2

Cirurxía torácica

 

 

 

1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

Cirurxía xeral e do aparello dixestivo

1

 

 

 

 

1

 

1

2

1

2

3

1

1

 

13

Dermatoloxía médico-cirúrxica e venereoloxía

 

 

3

 

 

 

 

 

 

 

 

1

1

 

 

5

Endocrinoloxía e nutrición

 

 

 

1

 

 

 

 

2

 

 

 

 

 

 

3

Farmacia hospitalaria

 

 

1

 

 

2

 

 

 

 

 

1

 

 

 

4

Hematoloxía e hemoterapia

1

 

1

1

 

 

 

 

 

 

 

1

1

 

 

5

Medicina física e rehabilitación

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

 

 

 

 

 

1

Medicina intensiva

1

 

 

 

 

 

 

 

1

 

 

1

1

 

 

4

Medicina interna

4

1

2

2

 

 

1

1

3

 

 

1

 

 

 

15

Medicina de urxencias hospitalarias

4

2

3

1

3

1

3

 

6

2

 

 

1

 

 

26

Microbioloxía e parasitoloxía

 

 

1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

Nefroloxía

1

 

1

3

 

 

 

 

 

 

 

1

 

 

 

6

Neurocirurxía

1

 

 

 

 

 

 

 

1

 

 

1

 

 

 

3

Neurofisioloxía clínica

1

 

1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

2

Neuroloxía

1

 

3

1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

5

Obstetricia e xinecoloxía

3

 

 

2

1

 

 

 

2

 

 

1

1

 

 

10

Oftalmoloxía

1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

2

1

1

 

5

Oncoloxía médica

 

 

 

 

 

 

 

 

2

 

 

1

1

 

 

4

Oncoloxía radioterápica

 

 

 

 

 

 

 

 

1

 

 

 

 

 

 

1

Otorrinolaringoloxía

 

 

1

1

 

1

 

 

 

1

 

 

1

 

 

5

Pediatría e as súas áreas específicas

1

 

 

1

 

 

 

 

3

 

 

1

 

1

 

7

Pneumoloxía

2

 

 

1

 

 

 

 

 

 

 

 

1

 

 

4

Psicoloxía clínica

 

 

 

 

 

1

 

 

 

 

 

 

2

 

 

3

Psiquiatría

1

 

2

3

 

 

 

1

1

 

 

1

1

 

 

10

Radiodiagnóstico

 

 

 

4

 

 

 

1

5

 

 

1

2

1

1

15

Reumatoloxía

1

 

1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

2

Uroloxía

1

1

1

 

 

 

 

 

 

1

 

 

1

 

 

5

* A praza ofertada corresponde á área sanitaria de Vigo.

TOTAL

221


ANEXO IV
Centros en que poden existir prazas a resultas

E.O.X.I. A Coruña. C.H.U. A Coruña.

E.O.X.I. A Coruña. Hospital Virxe da Xunqueira.

E.O.X.I. de Ferrol.

E.O.X.I. de Santiago. C.H.U. de Santiago.

E.O.X.I. de Santiago. Hospital da Barbanza.

C.H. Xeral-Calde.

Hospital da Costa.

Hospital C. de Monforte.

E.O.X.I. de Ourense. C.H. de Ourense.

E.O.X.I. de Ourense. H. C. de Valdeorras.

E.O.X.I. de Ourense. H. de Verín.

C.H. Universitario de Vigo.

E.O.X.I. de Pontevedra. C.H. de Pontevedra.

E.O.X.I. de Pontevedra. Hospital do Salnés.

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

INGO. Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía.

CTG. Centro de Transfusión de Galicia.

ANEXO V
Instrucións de acceso ao expediente electrónico (FIDES)

A Oficina Virtual do Profesional (FIDES) constitúe o punto de encontro telemático entre o Servizo Galego de Saúde e os/as profesionais cos cales mantén unha vinculación, así como coas persoas aspirantes e profesionais doutros servizos de saúde que participen nos procesos de selección e provisión de prazas convocados por este organismo, e configúrase como a plataforma de acceso ao expediente electrónico do/da profesional ou aspirante.

O acceso a FIDES poderase realizar desde:

– Internet (profesionais do Servizo Galego de Saúde e procedentes doutros servizos autonómicos de saúde).

– A intranet do Servizo Galego de Saúde (só dispoñible para profesionais en activo do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade, e desde equipamentos informáticos situados fisicamente na rede corporativa).

1. Acceso desde a internet.

1.1. Acceso desde a internet con certificado dixital.

Os profesionais do Servizo Galego de Saúde, así como os que procedan doutro servizo de saúde autonómico, poderán acceder desta forma a FIDES a través do enderezo http://fides.sergas.es

É requisito indispensable dispoñer dun certificado dixital para acceder a través desta vía. Os certificados aceptados son os expedidos pola FNMT (Fábrica Nacional de Moeda e Timbre) e o DNI electrónico (DNIe).

Para obter o certificado dixital expedido pola FNMT será preciso solicitalo a través da internet (no enderezo www.cert.fnmt.es), ou ben en calquera oficina da Axencia Tributaria (Ministerio de Economía e Facenda).

Se o usuario xa dispón dunha tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde con chip electrónico, esta xa contén un certificado da FNMT, polo que non será necesario solicitar un novo. De feito, a solicitude dun novo certificado inhabilitará o que existe na tarxeta sanitaria.

Pola súa parte, o DNI electrónico (DNIe) poderase solicitar nas oficinas da Dirección Xeral da Policía.

Para a identificación do usuario mediante tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde con chip electrónico ou a través do DNI electrónico, será preciso, con carácter xeral, dispoñer dun lector de tarxetas. Non se requirirá lector de tarxetas unicamente no suposto de dispoñer dun certificado dixital da FNMT instalado no propio equipamento.

Os/as usuarios/as poderán solicitar información e obter asesoramento sobre a acreditación electrónica nos PAE (Punto de Acreditación Electrónica) habilitados polo Servizo Galego de Saúde nos diversos centros sanitarios de atención especializada e atención primaria do organismo.

Os servizos que, a través desta forma de acceso, terán dispoñibles os/as profesionais actualmente vinculados ao Servizo Galego de Saúde, así como aqueles profesionais procedentes doutros servizos de saúde que nalgún momento do pasado tiveran algún tipo de vinculación co citado organismo, serán, tanto o acceso á xestión do expediente electrónico e á inscrición electrónica no proceso de concurso de traslados e demais procesos de selección e provisión de prazas que convoque este organismo, así como ao resto de funcionalidades existentes na Oficina Virtual do Profesional (FIDES).

Os servizos que, a través desta forma de acceso, terán dispoñibles os profesionais que nunca tiveron un vínculo co Servizo Galego de Saúde serán, tanto o acceso á xestión do expediente electrónico como á inscrición electrónica no proceso de concurso de traslados e demais procesos de selección e provisión de prazas que convoque este organismo.

A primeira vez que un profesional acceda con certificado dixital a FIDES, solicitaráselle que cubra un formulario de alta con datos básicos.

1.2. Acceso desde a internet sen certificado dixital.

O acceso a FIDES desde a internet sen certificado dixital efectuarase a través do enderezo http://fides.sergas.es

Esta forma de acceso non estará habilitada para aqueles profesionais actualmente vinculados ao Servizo Galego de Saúde. Unicamente os profesionais que tiveron no pasado algún vínculo laboral co Servizo Galego de Saúde ou aqueles que nunca mantiveron relación profesional con este organismo poderán elixir esta forma de acceso ao sistema.

Por motivos de seguridade e de protección de datos, este tipo de acceso ten limitadas as funcionalidades do servizo ás cales se pode acceder. Así, aínda sendo posible acceder a determinados servizos, resulta recomendable optar polo acceso mediante certificado dixital, por resultar o método que ofrece as debidas garantías en canto á seguridade dos datos e permite o acceso a todas as funcionalidades de FIDES.

Para acceder sen certificado dixital é necesario solicitar unha conta de usuario, formada por un identificador único e un contrasinal secreto. Os pasos para conseguir unha conta de usuario son os seguintes:

– Paso 1: desde a pantalla principal de FIDES, na epígrafe de «acceso sen certificado», premer no enlace de acceso ao proceso de rexistro.

– Paso 2: cubrir debidamente o formulario e aceptar as condicións de uso. Neste formulario realizarase unha serie de preguntas en función de se se tivo ou non algunha vez algún tipo de vinculación co Servizo Galego de Saúde, que haberá que responder correctamente para consolidar con éxito o proceso de alta.

No caso de non responder correctamente ás preguntas, o sistema enviará ao correo electrónico do usuario indicado no formulario un código que o interesado terá que presentar persoalmente nun dos PAE (Punto de Acreditación Electrónica) habilitados polo Servizo Galego de Saúde nos diversos centros do organismo, xunto cun documento de identificación válido.

No caso de finalizar o proceso de alta correctamente, enviarase unha mensaxe de confirmación ao interesado, ao enderezo de correo electrónico indicado no formulario, e tras a confirmación por parte do usuario, unha segunda mensaxe vía correo electrónico cos datos de acceso a FIDES.

– Paso 3: cubrir os recadros de usuario e contrasinal de FIDES, na epígrafe de «acceso sen certificado». A primeira vez que accedamos a FIDES tras o proceso de alta, o sistema solicitaranos que cambiemos o contrasinal por motivos de seguridade.

Os servizos que, a través desta forma de acceso, terán dispoñibles os profesionais que nalgún momento do pasado tivesen algún vínculo co Servizo Galego de Saúde, serán tanto o acceso á xestión do expediente electrónico como a inscrición electrónica no concurso de traslados e demais procesos de selección e provisión de prazas que convoque este organismo. A través deste tipo de acceso, non se poderá acceder ao resto de funcionalidades de FIDES que, pola contra, si están dispoñibles no acceso con certificado dixital.

Os servizos que, a través desta forma de acceso, terán dispoñibles os profesionais que nunca tiveron un vínculo laboral co Servizo Galego de Saúde, serán tanto o acceso á xestión do expediente electrónico como a inscrición electrónica no concurso de traslados e demais procesos de selección e provisión de prazas que convoque este organismo.

2. Acceso desde a intranet do Servizo Galego de Saúde.

Esta vía só estará dispoñible para profesionais en activo do Servizo Galego de Saúde e desde equipamentos informáticos situados físicamente na rede corporativa do citado organismo.

Os/as profesionais cun vínculo activo terán, mediante este sistema, acceso á totalidade de servizos e funcionalidades de FIDES, incluído o acceso á xestión do expediente electrónico e á inscrición electrónica no proceso de concurso de traslados.

O acceso a FIDES realizarase mediante o código de usuario e contrasinal que os/as profesionais en activo xa teñen asignado e utilizan habitualmente para acceder ao resto de funcionalidades do sistema.

3. Manual de instrucións de acceso e funcionamento do expediente electrónico e validación da documentación.

Na sede electrónica do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) figura a disposición dos concursantes un manual de instrucións sobre o acceso e funcionamento do expediente electrónico, os diferentes estados en que pode atopar a información relativa aos seus méritos e normas de validación da documentación que se debe achegar.

4. Caixa de correo electrónico.

Para efectuar as consultas e resolver as dúbidas que xurdan en relación con este procedemento, habilítase o seguinte enderezo de correo electrónico concurso.traslados@sergas.es